AGACA permanece comprometida con diversas iniciativas de desenvolvemento continuo e a longo prazo. Dada a súa natureza multidisciplinar e transversal, atanguen a diversas áreas de especialización e competencia.
Todas estas iniciativas e proxectos emprendémolos coa vontade de que sirvan para o avance e a mellora non só das entidades que se sirvan deles senón tamén do medio rural en todas as súas facetas.
Data: 2022 – en curso
Información: www.agaca.coop/gl/elabhause-rur
O proxecto eLabHauSE.rur traballa para reforzar a resiliencia e aumentar a capacidade das administracións públicas locais, as pemes de economía social e a sociedade dos territorios rurais europeos para superar as dificultades e crises a través da Nova Bauhaus Europea.
Lévase a cabo con financiamento do programa COSME.
Data: 2022 – en curso
Información: www.agaca.coop/gl/leadfarm-5-0
Os obxectivos de #LEADFARM 5.0 son: analizar as oportunidades de emprego emerxentes que ofrecen as innovacións dixitais para unha Sociedade 5.0, diagnosticar as habilidades e competencias futuras necesarias no sector cooperativo agroalimentario, desenvolver metodoloxías de aprendizaxe innovadoras e apoiar mecanismos de especialización intelixente dirixidos ás cooperativas e aos novos/as agricultores/as e gandeiros/as, promover a divulgación científica a través de novas formas de aprendizaxe accesibles que garantan a igualdade de oportunidades para os colectivos en risco de exclusión, fomentar a participación das mulleres nos novos empregos emerxentes detectados e promover a cultura e os valores cooperativos necesarios na Sociedade 5.0.
Lévase a cabo con financiamento do programa Erasmus+.
Data: 2020 – en curso
Información: www.erasmus-fields.eu
O proxecto está liderado pola Universidade de Turín (Italia) e, ademais de AGACA, conta en total con 30 entidades de 12 países.
FIELDS busca desenvolver unha estratexia de competencias e coñecementos que integre as habilidades e as aptitudes dos/as agricultores/as coa agricultura cualificada e coa bioeconomía circular, plenamente incorporada na corrente da cadea mundial de subministraciónde alimentos, en consonancia cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODSs) das Nacións Unidas.
Lévase a cabo con financiamento do programa Erasmus+.
Data: 2020 – en curso
Información: https://agaca.coop/agricoopvalue/
https://agricoopvalue.eu/
O proxecto AgriCoopValue busca crear un marco propicio para a aplicación dun sistema de contabilidade social unificado para as cooperativas agroalimentarias a nivel europeo, co fin de monetizar o seu valor social e determinar a súa capacidade de multiplicación no eido rural da Unión Europea.
Lévase a cabo con financiamento do programa Erasmus+.
Data: 2019 – en curso
Información: https://agaca.coop/agrosmartglobal/
https://www.agrosmartglobal.eu/
AGROSMARTglobal busca facilitar a internacionalización intelixente cara a China e Estados Unidos de América. Para iso, procederá ao desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de marketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial.
Lévase a cabo con financiamento do programa Interreg SUDOE 2014/2020.
Data: 2019 – en curso
Información: https://agaca.coop/go-grass/
https://www.go-grass.eu/
Ademais de AGACA, outras 21 entidades están involucradas no desenvolvemento de GO-GRASS, procedentes de Suecia, Romanía, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos, Bélxica e Hungría.
GO-GRASS desenvolverá un novo sistema agroalimentario circular e integral cuxa principal aplicación será en pasteiros e que se probará a pequena escala. Proporcionará modelos de negocio para empresarios e autoridades locais, con tecnoloxías innovadoras e procesos e ferramentas aplicables en 4 rexións europeas. Para iso, foron consideradas todas as circunstancias sociais, económicas e ambientais nas áreas rurais.
Lévase a cabo con financiamento do programa Horizonte 2020.
Data: 2019 / 2022
Información: https://es.enteringthegigeconomy.eu/
Entering GIG Economy facilita o desenvolvemento do coñecemento sobre a emerxente “Economía Gig” para compartir, debater e desenvolver métodos efectivos para abordar os seus riscos e oportunidades.
Desenvolverá e implementará: unha campaña de aprendizaxe específica dedicada á sensibilización das partes interesadas (stakeholders), un programa de formación profesional para persoas mozas e persoas máis afectadas polo mercado laboral da “Economía Gig” e alianzas e estratexias entre todos os stakeholders afectados.
Entre outros elementos, na actualidade ofrece:
Lévase a cabo con financiamento do programa Erasmus+.
Data: 2019 / 2021
Información: http://totcoopitech.eu/?lang=es
Plataforma de formación Mi Granja: https://totcoopitech.com/
Transformar a oferta actual de Formación Profesional Continua no sector cooperativo a nivel da UE nunha formación de excelencia, baseada no uso das tecnoloxías e nos novos modelos da era dixital, e fortalecer os coneñecementos e habilidades en temas de xestión e administración de empresas cooperativas para as persoas que integran o consello reitor das cooperativas agroalimentarias, mediante a súa participación directa no proceso formativo.
Desenvolveuse con financiamento do programa Erasmus+.
Data: 2017 / 2020
Información: http://www.laceseconomiasocial.com/
http://negocio.laceseconomiasocial.com/es
https://ecanvassocial.com/
http://elearning.laceseconomiasocial.com/
https://agaca.coop/gl/laces-laboratorios-para-a-identificacion-de-oportunidades-de-negocio/
O proxecto LACES ten como obxectivo contribuír á promoción e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para lograr un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar empregos.
Para lograr este obxectivo, LACES executou programas piloto para a competitividade e impulso das empresas de economía social na área transfronteiriza. Así mesmo, o proxecto LACES actuará como fonte de coñecemento e innovación para modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas e o emprego de calidade na Eurorrexión.
Desenvolveuse con financiamento do programa Interreg POCTEP España-Portugal.
Data: 2018 / 2019
Información: https://leadfarm.eu/?lang=es
O proxecto LeadFarm naceu para lograr un equilibrio xeracional e de xénero no sector agrícola cooperativo a través do fortalecemento das capacidades da mocidade agricultora. Os obxectivos específicos son: proporcionar formación innovadora á mocidade agricultora, promover a cultura e os valores cooperativos, fortalecer as habilidades empresariais e promover o equilibrio de xénero.
Desenvolveuse con financiamento do programa Erasmus+.
Data: 2016 / 2018
Información: www.agrosmartglobal.eu/agrosmartcoop/
O seu obxectivo principal é crear un espazo para a promoción, interconexión e interacción intelixente dotado de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE.
Desenvolveuse con financiamento do programa Interreg SUDOE 2014/2020, dentro do Eixo Prioritario 2: Fomentar a competitividade e a internacionalización das PEMES do suroeste europeo.
Data: 01-02-2016 / 31-01-2019
Información: https://eurodairy.eu/
O obxectivo dea rede EuroDairy é mellorar a viabilidade e sostibilidade da produción láctea en Europa. Promove o desenvolvemento e a comunicación de accións innovadoras baseadas na práctica no sector lácteo. Céntrase en catro puntos clave: resiliencia socioeconómica, eficiencia en recursos, benestar animal e integración da produción láctea con obxectivos de biodiversidade.
Desenvolveuse con financiamento do programa Horizonte 2020.
Data: 01-04-2016 / 31-03-2019
Información: https://scoope.eu/
Ten tres obxectivos principais: desenvolver un “Sistema de xestión enerxética colaborativo” en seis clústeres sectoriais formados por agroindustrias cooperativas de diferentes países, realizar auditorías enerxéticas para comparar eficiencia enerxéticae actividade de benchmarking entre diferentes sectores e países e obter aforros enerxéticos nas agroindustrias cooperativas.
Desenvolveuse con financiamento do programa Horizonte 2020.
Data: 01-03-2015 / 01-09-2017
Información: resfarmproject.eu/es/
O obxectivo do proxecto RESFARM é o desenvolvemento dos elementos necesarios para promover, operar e financiar sistemas de enerxía renovable en granxas da maneira máis eficiente. O reto es conseguir mobilizar aos sectores agrario e financeiro á escala necesaria para contribuír substancialmente ao desenvolvemento dun modelo enerxético no sur de Europa sustentable ambiental e socialmente.
Desenvolveuse con financiamento do programa Horizonte 2020.
Data: 01-09-2015 / 31-08-2017
Os principais obxectivos de ToTCOOP+i foron, por unha banda, fortalecer a calidade da oferta de formación profesional para membros de cooperativas e, por outra banda, actualizar as capacidades pedagóxicas, metodolóxicas e procedimentais, así coma os coñecementos técnicos de formadores e formadoras das asociacións de cooperativas agroalimentarias e de organizacións que ofrecen servizos de capacitación e asesoramento ás cooperativas.
O proxecto recibiu financiamento a través do programa Erasmus+.
Fecha: 01-04-2014 / 31-03-2017
Información: https://www.sucellog.eu/
O obxectivo de SUCELLOG consiste en extender a participación do sector agrario na subministración sostible de biocombustibles sólidos en Europa. A acción de SUCELLOG centrouse nun concepto loxístico sen explotar: a implementación de centros loxísticos de biomasa na propia agroindustria como un complemento á súa actividade habitual evidenciando a gran sinerxía existente entre a agro-economía e a bioeconomía.
O proxecto financiouse a través da Comisión Europea baixo o Programa Europeo Intelligent Energy.
Data: 01-04-2013 / 31-03-2016
Información: http://teslaproject.chil.me/teslaprojectinformation-esp
TESLA pretende a redución dos custos enerxéticos nas cooperativas europeas do sector agroalimentario mediante a promoción de boas prácticas en eficiencia enerxética a través dunha alianza entre cooperativas españolas, francesas, portuguesas e italianas, universidades e centros tecnolóxicos.
Ademais de aforros concretos para as cooperativas auditadas, o proxecto tamén promoveu o acceso ao coñecemento adquirido en equipamento, técnicas e procedementos, o que supón un verdadeiro avance para as cooperativas europeas en comparación co anterior comportamento no consumo enerxético.
Desenvolveuse co financiamento do programa Horizonte 2020.
Data: varios
Información: https://agaca.coop/cepes-confederacion-empresarial-espanola-de-la-economia-social/
CEPES é a Confederación Empresarial Española de Economía Social, organización que representa ás empresas da economía social en España.
AGACA, no marco de CEPES, ten desenvolvido diferentes proxectos. Os máis recentes céntranse na incorporación de persoas mozas á actividade agrogandeira (sectores vacún leiteiro e hortícola), na consolidación das cooperativas, na mellora da competitividade das explotacións leiteiras e en apoiar o emprendemento e a economía social.
Data: 2018
Información: http://bioviti.itg.es/
Ver / descargar máis información en formato PDF.
O obxectivo do grupo operativo Bioviti é promover a biodiversidade como ferramenta clave para enfrontar problemas agronómicos (cambio climático, perda de solo por erosión e escorrentía, dificultades para a polinización e pragas recorrentes) e diferenciar o produto no mercado a través de normas e estándares de calidade de aprovisionamento responsable.
Desenvolveuse con financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Data: 2014 / 2016
Durante os 15 meses que durou o programa, 94 cooperativas participaron en iCOOPERA en diferentes modalidades. Por unha banda, iCOOPERA daba a oportunidade ás entidades participantes para, gratuitamente, crear ou redeseñar a súa imaxe corporativa. Por outra parte, ofrecía a posibilidade de incorporar ou redeseñar páxinas web e redes socais, como medios para contactar co público potencial para os seus produtos e servizos.
Adicionalmente, elaboráronse 44 estratexias de marketing en Internet e prestouse apoio ao desenvolvemento e implementación de aplicacións de xestión baseadas en software libre para sete cooperativas.
A iniciativa parte da Consellería de Traballo e Benestar e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE Galicia.
Data: dende 2010
Información: http://www.eusumo.gal/
No marco da Rede Eusumo, AGACA ten desenvolvido numerosos proxectos en diferentes áreas que van dende a promoción do cooperativismo entre estudantes de primaria e secundaria ata o apoderamento da muller cooperativista, a promoción de oportunidades de negocio ou a xestión cooperativa de Comunidades de Montes Veciñais.
Publicáronse tamén numerosos manuais e documentos:
No marco de FEADER, AGACA desenvolveu numerosos proxectos en diferentes áreas que van dende a redución de antibióticos no sector porcino ata a eficiencia enerxética en diferentes explotacións.
Nas seguintes ligazóns é posible atopar información ou folletos explicativos de proxectos nos que intervén AGACA:
Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense
Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central: agaca@agaca.coop
Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.