SAVES – Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social

O cooperativismo galego en números

SAVES – Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social é unha plataforma dixital desenvolvida dende a Universidade de Vigo, co apoio de AGACA, que ten o obxectivo recompilar as cifras do Movemento Cooperativo en Galicia.

SAVES pretende amosar a información social e económica  relativa ás sociedades cooperativas galegas presentada de tal maneira que promova a difusión do cooperativismo, axude á toma decisións a nivel empresarial e da Administración, e contribúa á investigación sobre este tipo de organizacións.

Que podo atopar en SAVES?

Asistente Virtual

O Asistente Virtual SAVES é unha ferramenta deseñada para que as persoas usuarias poidan empregar a información recollida na base de datos SAVES para satisfacer as súas necesidades ‘á carta’, ben sexa para:

  • coñecer a situación do cooperativismo e a economía social nun período de tempo concreto ou nun determinado sector,
  • comparar a información real da súa propia cooperativa cos valores medios dun grupo de entidades similares á súa,
  • coñecer o valor de diferentes indicadores en sectores ou subsectores específicos.

Son unha cooperativa agroalimentaria. Por que me interesa?

O Asistente conta con varias seccións, pero dúas delas son de especial interese:

SAVES Coop permite comparar os datos reais dunha serie de indicadores dunha cooperativa con datos doutro grupo de cooperativas de características similares: un punto de partida para a elaboración dun DAFO completo.

Un dos públicos aos que se destina principalmente son as persoas socias e membros da dirección das cooperativas.

Se es membro do equipo de administración ou o consello reitor dunha cooperativa socia de AGACA, podes consultar en SAVES os datos da túa entidade e realizar numerosas comparacións con outros grupos de cooperativas e sectores.

Podes conseguir usuario e contrasinal completando o formulario de solicitude nesta páxina: https://saves.uvigo.gal/login.php?redirect=/dafo-coop.php

SAVES Agro permite mostrar a realidade en cifras do cooperativismo agrario e a súa evolución recente (ferramenta “Cifras Básicas“) e comparar distintos grupos de cooperativas (ferramenta “Comparador“).

Diríxese a todas as persoas interesadas no agrocooperativismo, dende o público en xeral ao persoal investigador ou as Administracións.

O seu uso está aberto a calquera persoa.

Informes

Recompila informes xa publicados relativos ao cooperativismo galego.

29/12/2023 19/09/2023 31/05/2023

Estatísticas

Estatísticas do movemento cooperativo galego elaboradas polo equipo de investigación de SAVES. Preséntanse en forma de táboa e actualízanse periodicamente.

Conta con filtros para atopar as estatísticas seleccionando tres tipos de parámetros:

  • categoría
  • ano ou período ao que se refire a estatística
  • tipo de estatística

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.