Consultoría
ASESORAMENTO
Ofrecemos un servizo de asesoramento contable ás nosas cooperativas, que abarca dende a solicitude, orde e clasificación de documentación ata a presentación das contas anuais ao Consello Reitor.
Para que tanto as cooperativas como as persoas socias poidan cumprir coas súas obrigas fiscais en prazo e forma do xeito máis favorable, analizamos o impacto na carga fiscal que poida ter a realización das operacións económicas necesarias para proceder á súa actividade.
Para as entidades que o soliciten, realizamos nóminas, contratos e liquidacións destes, ofrecemos asesoramento en cuestións de aplicación e actualización de convenios e inspeccións laborais.
Ofrecemos un completo cartafol informativo sobre todas as axudas que poidan interesar aos distintos sectores produtivos. Tramitamos e efectuamos o seguimento das axudas e subvencións para as nosas cooperativas. Estamos autorizados, ademais, a tramitar as solicitudes da PAC para os socios.

PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E ESTUDOS DE MERCADO
Un Plan Estratéxico coidado e adaptado supón moitas horas de investigación, análise e traballo, ao igual que os Estudos de Mercado como os Informes Socioeconómicos elaborados internamente.
A maior parte dos Informes Socieconómicos publicados están pensados para empresas puramente capitalistas, que pasan de puntillas sobre a faceta social e de servizo aos socios. Os nosos Estudos Socioeconómicos analizan en detalle as cifras, tendencias, estratexias e factores que conforman a economía social das cooperativas. Son os máis fieis á realidade das cooperativas agroalimentarias galegas.
Na nosa web pódense consultar algúns dos documentos elaborados ao longo dos anos.
- ✎Estudos socioeconómicos: sectoriais, demográficos, de xénero etc.
- ✎Investigación de mercados
- ✎Plans estratéxicos de empresa
- ✎Plans de marketing: planificación de política de produtos, mercados, distribución, marca, prezos, comunicación interna e externa etc.
- ✎Plans de competitividade: guías de competitividade e cadro de mando integral
ACOMPAÑAMENTO INTEGRAL A EMPRENDEDORES
Emprender é unha opción atraínte para persoas que desexan iniciar experiencias comerciais propias. A principal complicación vén dada pola inxente cantidade de información, burocracia, técnica, formación etc. que debe dominarse, algo que desestabiliza e desincha proxectos que, de contar cun acompañamento íntegro ao longo de todas as fases da iniciativa, non tería sucedido e que pode atopar con nós.
INTERNACIONALIZACIÓN
Dar a coñecer os produtos da nosa empresa no exterior e afianzar a súa presenza son retos, cada vez máis importantes nas estratexias comerciais. Abrirse aos mercados internacionais e impulsar esta faceta, coa tranquilidade de recibir asesoramento, seguimento e acompañamento, ademais de servir de enlace e rede de contactos é un dos xeitos en que AGACA estimula esta iniciativa.
PROXECTOS DE FUSIÓN, INTERACCIÓN, CONSTITUCIÓN E INTEGRACIÓN DE COOPERATIVAS
O dimensionamento, os proxectos de fusión e interacción cooperativa están afianzándose na mentalidade conxunta como resposta ante os múltiples actores participantes nos métodos de elaboración e comercialización, cada vez máis competitivos.
Os trámites, esixencias, reunións, achegas e diplomacia necesarios nestes casos, así como nas interaccións e procesos de constitución/disolución exitosos, precisan mediadores e executores plenamente capacitados.
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E REGULACIÓN DO RÉXIME INTERNO
Non se fan de cotío, modificacións nos Estatutos dunha cooperativa pero cando é necesario, sabemos qué pasos hai que dar?, cal é o procedemento axeitado? Cómpre seguir sempre a total legalidade nos procesos e estar atentos aos posibles cambios lexislativos para non cometer erros insuperables.