AGACA sempre está comprometida con iniciativas de desenvolvemento a medio e longo prazo vinculadas a diversas áreas de especialización e competencia. Móvenos a vontade de que contribúan ao avance e a mellora, non só das entidades que se sirvan deles, se non tamén da contorna rural en todas as súas facetas.
Estamos empeñados en que se escoite, dunha vez por todas, o punto de vista de mozos e mozas que viven no medio rural galego que queren apostar polo cooperativismo.
Por iso creamos a COMISIÓN XUVENTUDE COOPERATIVISTA EMPRENDEDORA, unha iniciativa polo apoderamento da xuventude empresarial galega no rural.
Se tes menos de 35 anos e pensas que é momento de incorporar iniciativas para revitalizar o noso agro, este é o lugar adecuado. Non dubides. Achégate. Sen compromiso.
Estancias formativas para coñecer e intercambiar experiencias.
E almorzos de traballo, de ti a ti, con representantes das institucións relacionadas coa actividade agraria e gandeira.
Para coñecer as axudas e apoios públicos e como solicitalos.
A análise da problemática do día a día á hora de dirixir unha explotación ou negocio no rural.
Nace en 2019 apostando polo desenvolvemento efectivo e integral da muller: das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade no seo do movemento das cooperativas e SAT socias de AGACA.
Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense
Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central: agaca@agaca.coop
Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.