





Coberturas negociadas para riscos moi específicos.

Axudámosche a ter todo baixo control no teu negocio, pase o que pase. Personal directivo, frotas de vehículos, autónomos… Atoparemos o seguro coas coberturas que necesitas.

Cobre os riscos reais da túa explotación gandeira ou agrícola. Somos especialistas: entendemos as túas necesidades como profesional do sector primario e atopamos solucións a medida. Estamos ao teu lado axudándoche en todo o proceso. Coñecemos o elevado prezo da maquinaria agrícola, os enormes riscos que asume un gandeiro ou gandeira durante o seu labor diario, que poden supoñer un fallo eléctrico nunha explotación, un incendio, un roubo… sabemos do que falamos e, por iso, desenvolvemos seguros a medida.

Antes de renovar o teu seguro, compara opcións. Atopamos a mellor oferta para ti: aforra tempo e diñeiro e goza de ter un asesor persoal. Pide o teu orzamento sen compromiso e sorprenderaste.

Non che imos a dicir unha vez máis o de “pola túa tranquilidade e a da túa familia”.
Estamos nun mundo cambiante, cada vez nos enfrontamos a novos riscos ou situacións de incerteza. Estes seguros están para mitigar as consecuencias de problemas que poden cambiar as nosas vidas por completo. Infórmate.

Montse Ventura
“Estamos nun mundo cambiante, cada vez nos enfrontamos a novos riscos ou situacións de incerteza. Estes seguros están para mitigar as consecuencias de problemas que poden cambiar as nosas vidas por completo. Infórmate”.
Teléfono/WhatsApp: 698 153 510
Mail: montse@agaca.coop

Ucoga naceu en 2013 da man das cooperativas de AGACA, co obxectivo de dar resposta ás necesidades aseguradoras do sector agroalimentario e do medio rural. Desde entón, a correduría mantén a súa colaboración con AGACA na prestación de servizos aseguradores ás cooperativas e ás persoas socias.
Na actualidade, Ucoga traballa con 30 compañías aseguradoras e supera os 30 000 clientes.

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense
Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central: agaca@agaca.coop