Para AGACA, cada cooperativa conta e ten algo importante que dicir. A nosa razón de ser é canalizar todas as propostas das cooperativas socias nos foros correspondentes, de modo que se sintan ben representadas e defendidas.
Como Asociación, AGACA agrupa ás cooperativas para que adquiran unha maior dimensión representativa a nivel comercial, identitario e institucional.
A nosa Misión é representar e liderar as estratexias e as accións que leven ao cooperativismo agroalimentario galego a destacar en todos os niveis económicos e sociais, así como promover a competitividade das cooperativas agrarias apoiándoas co asesoramento preciso prestado a través dos recursos humanos e materiais dispoñibles.
Propoñémonos conseguir un modelo de cooperativismo dimensionado e moito máis competitivo, que defenda eficazmente as rendas dos profesionais da agricultura e gandería galegas, nun mercado globalizado, a través da concentración da oferta de produtos agroalimentarios e da integración cooperativa.
Unha das principais vantaxes de pertencer a un colectivo como AGACA é que desaparece a sensación de illamento na actividade empresarial cooperativa, ademais de contar cun asesoramento permanente. Logras capacidade de acción, de influencia, de decisión… deixas de ser un suxeito pasivo. As cooperativas somos, ante todo, sinónimo de esforzo colectivo e de unión, de metas comúns e obxectivos compartidos.
Unha asociación de cooperativas é, por tanto, unha forma de dar dimensión a eses esforzos, tanto das cooperativas como das persoas que as integran, para dotalas dun maior impulso e visibilidade, tanto comercial como institucional. Unha maneira de optimizar coñecementos e recursos, minimizando obstáculos e maximizando as oportunidades de crecemento.
Asociarse é a única forma de conseguir unha integración efectiva para frear posibles abusos e imposicións e potenciar a capacidade negociadora das cooperativas
Como entidade asociada, dispós de asesoramento estratéxico personalizado en: seguros, pegada de carbono, calidade alimentaria e de procesos, aforro enerxético, igualdade etc.; accedes a unha ampla oferta formativa; servimos de canle de difusión das túas accións empresariais; guiámoste nas estratexias de comercialización nacionais e internacionais máis viables e recibes as nosas publicacións informativas: ordes de axudas, informes socioeconómicos, sectoriais e de mercados exteriores, boletíns electrónicos con noticias de I+D+i, catálogos e revísta Cooperación Galega, entre outros moitos servizos.
Ou chama ao 981 58 47 83 .
Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense
Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central: agaca@agaca.coop
Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.