Once cooperativas agrarias galegas unen esforzos coa finalidade de crear unha organización capaz de representar e defender os intereses e necesidades das múltiples cooperativas agrarias e gandeiras da Comunidade Autónoma.
Cumpre así, coa misión de fomentar e promover o cooperativismo cunha vontade social de apoio e cooperación; como un instrumento ao servizo das cooperativas asociadas dende o cal se tentan aproveitar todas as sinerxías e se constitúen foros de debate en aras dunha procura permanente de puntos en común.
Como Asociación, AGACA agrupa as cooperativas adquirindo unha maior dimensión representativa a nivel comercial, identitario e institucional.