— Benestar Animal. Transportistas (novembro – decembro 2026)
Formación homologada pola Consellería de Medio Rural.
Teórica e práctica. Contamos cun cadro docente cualificado e anos de experiencia na xestión, coordinación e impartición formativa tanto a persoal traballador, como a cadros directivos ou de representación, persoas emprendedoras ou aspirantes.
Formación homologada pola Consellería de Medio Rural.
Formación homologada pola Consellería do Medio Rural
Estamos homologados para impartir certificados de profesionalidade
Os certificados de profesionalidade enmárcanse dentro do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional, polo que son recoñecidos polo Ministerio de Educación mediante a convalidación de módulos correspondentes aos títulos de Formación Profesional.
Acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo.
Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e as Comunidades Autónomas.
Posuír un certificado de profesionalidade completa un currículo profesional; ao ser un documento oficial que pode ser valorado en calquera proceso de selección convocado polas Administracións Públicas ou a empresa privada. Para o traballador/a que non ten outra titulación pero si coñecementos e experiencia profesional, pode abrirlle a porta do mercado laboral..
Os certificados de profesionalidade constan de tres niveis de cualificación profesional, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo.

O Real Decreto 1311/2012 establece a obriga de contar cun carné que acredite que se conta cos coñecementos necesarios para adquirir e traballar axeitadamente con produtos fitosanitarios.
AGACA imparte cursos de nivel básico e cursos cualificados, homologados pola Consellería do Medio Rural, para poder obter a acreditación de Aplicador /Manipulador de Produtos Fitosanitarios, con plans de estudos que incluúen todos os módulos, prácticos e teóricos, necesarios.
Adaptámonos ás necesidades de cada cooperativa en canto a horario e lugar de impartición.

En virtude do Convenio entre Cooperativas Agro-alimentarias de España e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación —e co financiamento do devandito Ministerio a través do Real Decreto de concesión directa de diversas subvencións en materia agroalimentaria e pesqueira para 2026, por importe de 1 171 162,50 €— arrinca o programa de actuacións 2026 para a formación, igualdade e relevo xeracional de consellos reitores, con varios obxectivos que poden consultarse na seguinte ligazón:

En virtude da execución de accións de formación non regrada e adquisición de competencias en dixitalización dentro do paquete de dixitalización promovido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Cooperativas Agro-alimentarias de España pon en marcha este programa de formación, a través de AGACA.
Vai dirixido aos servizos agronómicos das cooperativas agroalimentarias, así como a profesionais que traballen nas Federacións e Unións Territoriais (FUTs). A realizacion do curso permitirá o acceso posterior da cooperativa a unha licenza de acceso ao sistema SIGCEX e ao Caderno de Explotación.


Programa CULTIVA. Programa de Estadías Formativas de Xuventude Agricultora en Explotacións Modelo ofrece estadías gratuítas de 5 a 14 días, en explotacións de España.
O período de solicitude abarca do 19 de agosto ao 15 de setembro de 2026.
Diríxese a persoas menores de 41 anos incorporadas á actividade agraria como titulares de explotación e tamén, en determinadas circunstancias, a maiores desa idade.
É unha iniciativa fianciada e desenvolvida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
“Profesionalizarse para ser eficiente e competitivo é doado aproveitando as oportunidades formativas”.

Loli Couso
Tfno/Whatsapp: 609 070 135
Mail: loli@agaca.coop

Loli Couso
Tfno/Whatsapp: 621 152 722
Mail: berta@agaca.coop

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense
Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central: agaca@agaca.coop