— Certificacións de calidade e medioambientais. 4ª Edición 2026

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 08/06/2026
  • 25/07/2026
  • 70 aprox
  • teleformación
  • O 8 de xuño comeza a cuarta edición do curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir en liña. Conclúe o 19 de xullo de 2026.
  • A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a conservación do medio ambiente e a divulgación do papel do cooperativismo.

A cuarta edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que é necesario inscribirse completando este formulario.

O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas desde o 8 de xuño ata o 19 de xullo de 2026.

 

PROGRAMA:

Unidade Denominación Nº Horas Módulos
I Cooperativismo no sector primario 10 horas 1.      As cooperativas
2.       Marco legal do cooperativismo
II Certificacións de calidade 40 horas 3.       ISO 9001
4.       Certificacións en vacún de leite
5.       GLOBALG.A.P.
6.       BRC/IFS
7.       ISO 22000
III Certificaciones ambientales 20 horas 8.       ISO 14000 (14063, 14067…)
9.       Análise de ciclo de vida
10.     Pegada de carbono
11.     Pegada hídrica

Os obxectivos desta formación en modernización do sector agroalimentario móvense en dous ámbitos, xa que ademais dos módulos específicos en certificacións de calidade e ambientais, que mostran desde a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión destas acreditacións, busca dar a coñecer ás cooperativas como empresas de economía social, coas súas características básicas e diferenciadoras, e dar valor ás súas achegas sociais e económicas, ademais de contribuír ao fortalecemento destas entidades a través de estratexias que redunden na calidade.

Pode solicitar máis información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

  • Facebook
  • Twitter