Cooperativas

A cooperativa é unha empresa de propiedade conxunta que realiza actividades socioeconómicas coa participación activa dos socios, distribuíndo os resultados en función da actividade realizada.

O cooperativismo é un piar fundamental do eido agroalimentario galego. Hai máis de 300 cooperativas agrarias activas na nosa comunidade autónoma. A multiplicidade de entidades fai que, a pesar da cantidade de xente implicada, non se acaden sempre os resultados óptimos en canto a facturación ou innovación. A colaboración reduce este obstáculo dando máis forza ás cooperativas para negociar en calquera esfera.

Os produtos das cooperativas incorporan un valor engadido que os diferenza do resto do mercado.

Máis aló dunha marca diferenciada, máis aló dunha calidade indiscutible, os produtos cooperativos ofrecen o valor da proximidade. Son reflexo claro das oportunidades de crecemento, de porvir profesional e económico que o cooperativismo representa en lugares onde outro tipo de empresas non ten cabida.

O consumidor debe ser capaz de recoñecer ese valor, de ver que cando merca un produto cooperativo está mercando tamén futuro para Galicia.

Como Asociación, AGACA agrupa ás cooperativas adquirindo unha maior dimensión representativa a nivel comercial, identitario e institucional.
No cadro pódense consultar as cooperativas con actividade que forman parte de AGACA distribuidas por áreas sectoriais.

COOPERATIVAS ASOCIADAS

CARACTERÍSTICAS

Son o piar fundamental do ámbito agroalimentario galego

Rendemento económico independente do capital social achegado

Implicación coa comunidade e o medio co que conviven

A base social participa directa e activamente

Réxense polos Estatutos de constitución e os acordos da asemblea

Os produtos engaden un valor diferenciador

Os socios “colocan” a súa produción na cooperativa

Maior capacidade de negociación que o individual

Servizos e prezos máis interesantes que os xeralistas

A unión entre cooperativas imprime máis forza e capacidade de negociación

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo