En virtude da execución de accións de formación non regrada e adquisición de competencias en dixitalización dentro do paquete de dixitalización promovido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Cooperativas Agro-alimentarias de España —a través das súas Federacións e Unións Territoriais, FUTs; neste caso, AGACA— pon en marcha un programa de accións formativas e de transferencia de coñecmentos para a adquisición de competencias en materia de dixitalización.
Este programa de formación vai dirixido a los servizos agronómicos das cooperativas agroalimentarias, así como a profesionais que traballen nas Federacións e Unións Territoriais (FUTs) da maior parte do territorio nacional.
Os obxectivos de dito programa son:
- Comprender a importancia dos datos xeográficos para o sector agrícola
- Coñecer a información xeográfica dispoñible en caderno de explotación dixital.
- Aprender a consultar e explotar a información do cuaderno de campo do SIEX, SIGCEX e outras plataformas (p.ex. Espacio SIAR, Living Atlas, AEMET, servizos web da administración etc.).
- Entender e crear mapas
- Presentar a información xeográfica para dar soporte á toma de decisións agronómicas
- Aprender a manexar as ferramentas de análise para usuarios Creator en ArcGIS Online.
- Aprender a realizar análises e seguimento do estado da vexetación e os cultivos (imaxes Sentinel xeoprocesadas).
- Preparar os datos xeográficos necesarios para implementar fluxos de traballo de toma de datos en campo.
- Utilizar aplicacións móbiles para capturar datos de pragas e enfermidades.
- Crear enquisas personalizadas para a toma de datos.
- Realizar un seguimento dos datos capturados mediante cadros de mando.
Tipoloxía das actuacións
Os profesionais obxecto desta formación serán traballadores e traballadoras dos servizos agronómicos das empresas cooperativas. Se procurará incidir de forma especial no colectivo de mulleres e persoas mozas.
Os cursos terán unha duración dunha semana en formato online síncrono con 5 sesións de 4 horas cada unha. As sesións especifícanse a continuación.
1. Introdución aos Sistemas de Información Geográfica (SIG) aplicados ao sector agrícola.
2. Consulta de datos agrícolas en ArcGIS Hub
3. Edición e análise da información agrícola
4. Creación de mapas dixitais e Story Map
5. Técnicas avanzadas e licenciamento
Por que lle interesa este curso á miña cooperativa?
A realizacion do curso permitirá o acceso posterior da cooperativa a unha licenza de acceso ao sistema SIGCEX e ao Caderno de Explotación.
Máis información:
Este servizo está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) nun 80% e 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA); en total Cooperativas Agro-alimentarias de España recibirá unha cantidade total de ata 184.125 € en 2022-23.
Link FEADER: https://ec.europa.eu/regional_policy/es/policy/what/glossary/e/european-agricultural-fund-for-rural-development
Link MAPA: https://www.mapa.gob.es/es/
LINK UE: https://agriculture.ec.europa.eu/index_es
As cooperativas interesadas en realizar actividades formativas poden solicitar más información dirixíndose a AGACA: Berta Pérez – berta.agaca@gmail.com – 981 58 47 83
Data e hora:
Anunciarase cando sexa convocado.