Os certificados de profesionalidade, regulados polo Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, son un instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais no ámbito da administración laboral.
Acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional.
Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e as Comunidades Autónomas.
Posuír un certificado de profesionalidade completa un currículo profesional; ao ser un documento oficial que pode ser valorado en calquera proceso de selección convocado polas Administracións Públicas ou a empresa privada. Para o traballador/a que non ten outra titulación pero si coñecementos e experiencia profesional, pode abrirlle a porta do mercado laboral.
Os certificados de profesionalidade constan de tres niveis de cualificación profesional, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo.
Curso gratuíto (PRESENCIAL + ONLINE) para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 1) en OPERACIÓNS DE GRAVACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (2022 – 2023)
Duración total: 458 horas (inclúe 80 horas de prácticas en empresa).
Lugares e datas previstas de impartición:
- LUGO: 20 de decembro de 2022 a 10 de xullo a 2023, en horario de 10:00 – 14:00 h., de luns a xoves.
> Combina horas de formación presencial (na Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias – AGACA – Rúa Deputación, nº 19, Baixo, 27004 – LUGO) con horas de formación mediante Aula Virtual.
- MELIDE: 19 de decembro de 2022 ao 2 de xuño de 2023, en horario de 10:00 14:00 h., de luns a venres.
> Combina horas de formación presencial (no Centro de Formación Clun – Rúa Codeseira, 38-40 – Melide) con horas de formación mediante Aula Virtual.
Inscricións:
- LUGO:
A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego Lugo-Norte; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego de outras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. A proba de acceso ao curso será o 16 de decembro.
Teléfono Oficina de Emprego Lugo-Norte: 982828641.
Tamén podes chamarnos para informarte ao 611 020 719.
PRAZO INSCRICIÓN: ata o 16 de decembro.
- MELIDE:
A inscrición no curso debe realizarse chamando ao 611 020 719 (AGACA).
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 15 de decembro.
Ocupacións / postos de traballo relacionados:
- Operadoras/es – gravadoras/es de datos en ordenador.
- Auxiliar de oficina.
- Auxiliar de arquivo.
- Operador/a documental.
- Auxiliar de dixitalización.
Axuda económica/bolsa
Módulos certificado:
MF0973_1: Gravación de datos (90 horas)
MF0974_3: Tratamento de datos, textos e documentación (150 horas)
UF0510 Procesadores de textos e presentacións de información básico (60 h.)
UF0511 Tratamento básico de datos e follas de cálculo (50 horas)
UF0512 Transmisión de información por medios convencionais e informáticos (40 horas)
MF0971_1: Reprodución e Arquivo (120 horas)
UF0513 Xestión Auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático (60 horas)
UF0514 Xestión Auxiliar de reprodución en soporte convencional ou informático (60 horas)
MP0110: Módulo de prácticas non laborais de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (80 horas)
FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10 horas)
FCOXXX24 Formación para a Igualdade (8 horas)
Curso gratuíto (PRESENCIAL + ONLINE) para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 2) en ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA (2021-2022)
Lugares de impartición:
- Dende o 2 de novembro de 2021 ao ao 18 de xaneiro de 2022* as clases son en persoa no CENTRO DE FORMACIÓN CLUN – Codeseira 38 – 40, Melide (A Coruña).
- Dende o 19 de xaneiro de 2022 ata o fin da formación* as clases serán online, na modalidade de Aula Virtual presencial.
Datas previstas*: Comeza o 2 novembro 2021 e remata o 27 xullo 2022 – Horario previsto: 09:00 a 14:00 horas (luns a venres).
Duración total: 898 horas (inclúe 80 horas de prácticas en empresa).
Inscrición: O PRAZO REMATA O 13 DE OUTUBRO.
A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego de Melide; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego doutras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/as candidatos/as serán notificados por correo postal certificado sobre a data e lugar onde terá lugar a proba de acceso ao curso. Teléfono Oficina de Empleo de Melide: 881866122
Tamén podes chamarnos para informarte ao 981 58 47 83.
Ocupacións / postos de traballo relacionados:
- Empregados/as administrativo de contabilidade en xeral
- Auxiliar administrativo de cobros e pagos
- Auxiliar administrativo de contabilidade
- Auxiliar administrativo de facturación
- Empregados/as administrativos comerciais en xeral
- Auxiliar administrativo comercial
- Auxiliar de apoio administrativo de compra e venda
- Empregados/as administrativo de persoal
- Auxiliar administrativo do departamento de Recursos Humanos
- Empregados/as administrativos en xeral
- Empregados administrativos de atención o público
- Auxiliar administrativo Admon. pública
Axuda económica/bolsa
Consulta/descarga ficha informativa (PDF)
O curso gratuíto para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 3) en DINAMIZACIÓN COMUNITARIA comezou, con 15 estudantes, o 20 de xaneiro de 2020. **O desenvolvemento deste curso foi reanudado no día 01/07/2020.
Data de inicio: 20/01/2020
Data prevista de finalización: 22/07/2020 Data de finalización prevista actualizada: 03/11/2020.
Horario previsto: de 09:00 a 14:00 horas (luns a venres)
Duración: 628 horas – inclúe 120 horas de prácticas profesionais non laborais
Lugar de celebración: Centro de Formación CLUN S. Coop. Galega – Rúa Codeseira, nº 38 -40, Melide (A C0ruña).
INFORMACIÓN ADICIONAL PARA ESTUDANTES:
Ocupacións / postos de traballo relacionados:
- Animador/a comunitario/a en xeral
- Animador/a sociocultural
- Axente de desenvolvemento social
- Axente de desenvolvemento local
- Dinamizador/a comunitario/a
- Asesor/a para o sector asociativo
- Técnico/a comunitario/a
- Xestor/a de asociacións
Contidos:
- MF 1020_3: Axentes do proceso comunitario (90 horas)
- MF 1021_3: Participación cidadá (90 horas)
- MF 1022_3: Metodoloxía da dinamización comunitaria (90 horas)
- MF 1023_3: Fomento e apoio asociativo (50 horas)
- MF 1024_3: Técnicas e instrumentos de información e difusión na dinamización comunitaria (60 horas)
- MF 1025_3: Xestión de conflitos entre axentes comunitarios (60 horas)
- MF 1026_3 (Transversal): Impulso da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (50 horas)
- Módulo de prácticas profesionais non laborais de Dinamización Comunitaria (120 horas)
- FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10 horas)
- FCOXXX05-2011 Formación para a igualdade (8 horas)
Consultar/descargar esta información en formato PDF
Consultar/descargar Dereitos e Deberes do alumnado (PDF)
Consultar/descargar a Planificación temporal dos módulos de Dinamización Comunitaria (PDF)
Deixa unha resposta