- O 27 de maio terá lugar a novena sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, co título “Sementes autóctonas e tradicionais en Galicia”.
- A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 27 de maio de 2026 terá lugar a xornada en liña ‘Sementes autóctonas e tradicionais en Galicia’, de 09:30 a 14:30 horas. Da man de entidades investigadoras e produtoras, haberá charlas acerca de diferentes tipos de semente que se veñen utilizando e mesmo recuperando en Galicia, tanto a nivel agronómico coma a nivel do seu potencial de transformación e gastronómico.
Programa previsto
09:30 h Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada
Carlos Ares – Director-xerente de AGACA
09:45 h Sementes autóctonas: o caso de fina de Carballo
- Características xerais do cultivo
- Mellora e selección da fina de carballo
- Características produtivas e culinarias
Lucio García – Centro Tecnolóxico da Carne
10:30 h Xenética e mellora de millo tradicional
- Conservación de semente e pureza varietal
- Híbridos versus variedades locais
- Variedades locais: un reservorio de xenes de adaptación e resiliencia
- Adaptación a distintas zonas de Galicia
Rosa Malvar Pintos – Misión Biolóxica de Galicia
11:10 h Sementes autóctonas de horta
- Potencial nutritivo e gastronómico
- Principais características agronómicas
- Produción e manexo no cultivo
Alfredo Taboada – Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
11:50 h Breve descanso
12:10 h Millo corvo: variedade ancestral de millo galego
- Historia e recuperación do millo corvo
- Características agronómicas
- Manexo técnico do cultivo
- Potencial nutricional e gastronómico
- Transformación en fariñas e produtos elaborados
Asociación Cutural Meiro
12:50 h Avea negra: recuperación varietal, transformación e valor engadido
- Historia e recuperación da avea negra
- Potencial nutricional e gastronómico
- Características agronómicas e adaptación a Galicia
- Transformación en fariñas e produtos elaborados
Elvira Sahuquillo – Universidade da Coruña
13:30 h Trigo sarraceno: alternativa para celíacos
- Orixe e adaptación a Galicia
- Propiedades nutricionais
- Prácticas de cultivo
- Principais resultados do estudo
Marisol López – GOTRISA
14:10 h Conclusións e peche do programa
Carmen Rodríguez – Presidenta de AGACA.
14:30 h Peche da xornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscripción, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.




