• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Aberta a convocatoria do Programa CULTIVA 2025 para mozos e mozas

20 de Xuño de 2025
en Novidades
Aberta a convocatoria do Programa CULTIVA 2025 para mozos e mozas
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) abriu o prazo de solicitudes do Programa CULTIVA 2025, unha iniciativa que ofrece estancias formativas gratuítas en explotacións modelo de toda España, dirixida á mocidade do sector agrario. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude desde o 19 de xuño ata o 9 de xullo de 2025, ambos inclusive.

Este programa, impulsado polo MAPA en colaboración con entidades representativas do sector, ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe práctica en explotacións de referencia e achegar a realidade cooperativa á mocidade agraria, favorecendo así o relevo xeracional.

Unha experiencia formativa con todos os gastos cubertos

As estancias, de entre 5 e 14 días, permiten coñecer in situ explotacións agrícolas e gandeiras innovadoras, con distintos modelos de negocio e enfoques de xestión técnica. Non supoñen ningún custo para a persoa participante, xa que o programa cobre os gastos de aloxamento, manutención e desprazamento, así como unha compensación económica por substitución durante o tempo da estancia.

Ademais, o catálogo de 2025 inclúe 282 explotacións modelo, das cales 37 están xestionadas por socios e socias de cooperativas agroalimentarias. Nestes casos, as persoas participantes non só poderán coñecer o funcionamento diario da explotación, senón tamén ver de preto como opera a cooperativa na que está integrada.

Estas estancias poden realizarse en calquera comunidade autónoma, incluída a propia.

A quen se dirixe o CULTIVA 2025?

Poden participar no programa:

  • Mozos e mozas profesionais agrarios titulares de explotación menores de 41 anos, con independencia do ano no que se incorporasen.

  • Persoas que, tendo 41 anos ou máis, se instalasen por primeira vez entre 2019 e 2024, sempre que tivesen 40 anos ou menos no momento da instalación.

As persoas participantes poden escoller explotacións con producións similares ou distintas ás súas. No caso de ter participado en edicións anteriores, non poderán repetir estancia en explotacións que xa visitasen. As estancias desenvolveranse principalmente entre setembro de 2025 e agosto de 2026. Para calquera consulta está dispoñible o correo: bzn-jovenes@mapa.es

🔗 Máis información e acceso ao catálogo:

Sede Electrónica             Web del MAPA

Etiquetas: Cooperativas Agro-alimentarias de España.Formación.Xuventude
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.