— FEADER2022/044B – Plan de acción para a mellora da sostibilidade nas producións cárnicas galegas

Título: “Plan de acción para a mellora da sostibilidade nas producións cárnicas galegas” (FEADER2022/044B).

Entidades Participantes: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA), Tres Fuciños S. Coop. Galega, A Carqueixa S. Coop. Galega e Vanessa Díaz.

Duración: 2022 – 2024.

Procedemento: Execución de proxectos de grupos operativos da AEI en materia de produtividade e sustentabilidade, agrícola e forestal.

Financiamento: O proxecto ten un orzamento de 145.600€. Está subvencionado con fondos FEADER, fondos propios da Xunta de Galicia e fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Obxectivo: A Unión Europea desenvolveu unha metodoloxía harmonizada para o cálculo da pegada ambiental dos produtos (HAP) que consiste nunha metodoloxía multicriterio para medir o impacto ambiental dun ben ao longo do seu ciclo de vida que contempla non só as emisións de gases de efecto invernadoiro (pegada de carbono), enón tamén o impacto sobre a biodiversidade, os recursos naturais e sobre o uso e manexo da auga, entre outros.

O proxecto pretende adaptar o cálculo da pegada ambiental ás produtividades locais cárnicas de vacún, porcino, polo e ovino en extensivo, co fin de proporcionar unha visión realista do seu impacto no territorio, considerando os indicadores máis apropiados para cada produción.

Búscase tamén promover a potencialidade deste sistema entre a gandería galega, como ferramenta comparativa entre as distintas rexións, ao tratarse dun sistema de concienciación ambiental que implica a toda Europa.

Os obxectivos particulares son:

  • Analizar o impacto ambiental actual de producións cárnicas de gando bovino, porcino, ovino e aviar en explotacións extensivas mediante o estudo de Análise do Ciclo de Vida.
  • Deseñar e implantar medidas concretas para mellorar os valores de impacto ambiental de produciones cárnicas de gando bovino, porcino, ovino e aviar en explotacións extensivas.
  • Avaliar a efectividade das diferentes medidas de redución de impacto ambiental aplicadas en diferentes explotacións cárnicas extensivas de Galicia mediante o cálculo do seu impacto ambiental tras a implantación das mesmas.
  • Diminuír a pegada ambiental das produciones extensivas de carne como exemplo de gandería singular sostible da comunidade galega e propiciar un cambio de paradigma cara a economía circular.
  • Formar ao persoal técnico e directivo daquelas explotacións gandeiras con interese en coñecer os diferentes medios dispoñibles para comunicar as vantaxes ambientais dos produtos aos consumidores finais (B2C) e entre empresas (B2B).

 

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo