AGACA participa como beneficiaria do Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, que está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia lidera o partenariado do proxecto LACES, que está integrado ademais pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Tecminho, a Associação Centro de Incubação Base Tecnológica do Minho (In.cubo), a Câmara Municipal de Santo Tirso, e as asociacións de economía social de Galicia EspazoCoop-Unión de Cooperativas Galegas, Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).
O proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego.
Dito obxectivo pretende ser acadado a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo. Así mesmo o proxecto LACES actuará como fonte de coñecemento e innovación para lograr modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas e de emprego de calidade na eurorrexión.
LABORATORIOS LACES
1. Laboratorios para a identificación de oportunidades de negocio
+ Unidade de identificación de oportunidades de negocio en economía social vinculadas aos sectores emerxentes ou á explotación de recursos endóxenos do espazo transfronteirizo, incluíndo o sector primario.
+ Redacción de axendas sectoriais para incentivar a creación e a consolidación de empresas de economía social en sectores emerxentes.
+ Unidade de recursos interactivos para o deseño e maduración de oportunidades de negocio.
2. Laboratorios de creatividade e comunicación da economía social
+ Cata de ideas empresariais en economía social.
+ Foros de economía social.
+ Rede Economía Social Net (ESN).
3. Laboratorios para a creación e consolidación de empresas de economía social
+ Aceleradora de proxectos da economía social.
+ Creación de espazos de emprendimiento POP UP.
+ Programa de apoio ás empresas: “Transfórmate e medra”.
+ Bonos de servizos a empresas de economía social.
4. Laboratorios para o reforzo e mellora da capacitación de recursos humanos
+ Programa de movilidade: “Estancias transfronteirizas para profesionais”
+ Bolsas directivas transfronteirizas.
+ Academia de talento de economía social.
MÁIS INFORMACÍON SOBRE LACES:
+ Páxina web do proxecto: http://www.laceseconomiasocial.com/
+ Páxina de Facebook do proxecto https://www.facebook.com/laces.economiasocial.eu
+ Canle temática para a identificación de oportunidades de negocio, dinamizado por AGACA: Modernización do sector primario
+ Plataforma de detección de Oportunidades de Negocio en Economía Social: http://negocio.laceseconomiasocial.com/
+ Fontes de financamento en Economía Social: http://financiamento.laceseconomiasocial.com/
+ Ferramenta de análise de aspectos clave dun proxecto de economía social, permitindo reflexionar sobre as súas posibilidades de éxito: e-Canvas Social
+ Plataforma de Formación dirixida a empresas e emprendedores de economía social que desexen buscar apoio e acompañamento nos procesos de creación, modernización e crecemento: http://elearning.laceseconomiasocial.com/
+ Revista LACES compilación das actividades desenvolvidas durante o proxecto: (PDF 15MB)
IDENTIFICACIÓN DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: MODERNIZACIÓN DO SECTOR PRIMARIO
O proxecto LACES quere potenciar o emprendemento e a creación de empresas, para o que é fundamental achar nichos onde sexa posible asentar un negocio novo ou encontrar modos de colaborar cos existentes, no marco da economía social, para mellorar.
Para identificar e divulgar esas oportunidades o proxecto conta con varias ferramentas:
+ A Plataforma de detección de Oportunidades de Negocio en Modernización do Sector Primario recolle noticias de actualidade acerca de proxectos, investigacións, tendencias sociais, produtos e normativas encamiñados a facer avanzar o sector.
+ As Guías de Oportunidades de Negocio en Modernización do Sector Primario presentan 12 oportunidaes de negocio:
– Produción e comercialización de té verde galego (Camelia sinensis)
– Cultivo de castaña (Castanea sativa)
– Produción e comercialización do cánabo industrial (Cannabis sativa L.)
– Producción e cultivo de golden berry (Physalis Peruviana)
– Cultivo de oliva en Galicia (Olea europaea)
– Produción e comercialización de carne de porco celta
– Produción e comercialización de leche ecológica
– Xestión de viñas.
Descargar PARTE I formato epub │ │ Descargar PARTE I formato PDF *O texto desta Guía está en español.
– Cultivo de fungos comestibles e de uso medicinal (nutracéuticos)
– Produción de esponxa vexetal
– Extracción de resinas en Galicia
– Produción de kiwi
Descargar PARTE II formato PDF *O texto desta Guía está en español.
Esta é unha vista da PARTE I.Para ler a pantalla completa preme aquí.
+ A Axenda sectorial para a modernización do sector primario:
As cooperativas agrarias son os principais actores que dinamizan a economía social e solidaria do sector primario na zona rural. Son axentes de desenvolvemento do lugar no que se asentan porque achegan moitos beneficios dende un punto de vista social e económico.
Esta Axenda contén algunhas magnitudes socio-económicas e analiza varios subsectores da produción primaria, ademais de mostrar casos de éxito cooperativo. Inlcúe tamén un Plan Director do estímulo para modernización do sector primario en empresas da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
*O texto desta Axenda está en español.
As fórmulas empresariais de Economía Social poden sumar na posta en marcha de negocios innovadores e sustentables en cualquera sector produtivo ou de servicios.
Nesta Cata de Ideas presentamos 20 entidades de economía social ubicadas en Galicia e na rexión Norte de Portugal que traballan con éxito en diferentes sectores: agropecuario, cultural e creativo, industrial, socio-sanitario, educativo, divulgativo, TIC etc.
Nesta ligazón atoparás 20 vídeos onde as entidades protagonistas contan a súa maneira de traballar: https://bit.ly/LACES-Cata-Ideas-Galicia-Norte-Portugal
+ Tamén podes descargar o folleto presentación de las entidades nesta ligazón (PDF 3 MB)
PROGRAMA DE BECAS PARA ESTANCIAS TRANSFRONTEIRIZAS CONVOCATORIA 2019
Os obxectivos fundamentais do Programa de becas para Estancias Transfronteirizas son o fomento da movilidade das persoas e a cooperación para a innovación e o intercambio de experiencias. O programa confórmano:
– Empresas receptoras que se comprometen a achegar a súa experiencia e visión a outras empresas
– Empresas emisoras que a través do programa de estancias transfronteirizas están en busca de novas experiencias e visión sobre modelos de negocios na economía social.
A través da presente convocatoria serán seleccionadas as seis empresas que serán admitidas dentro do programa como empresas emisoras ou empresas que desexan adquirir unha valiosa experiencia a través das estancias transfronteirizas.
As estancias transfronteirizas terán tres itinerarios cubrindo os sectores de produción que se relacionan a continuación:
– Gandería de vacún de leite e carne e derivados
– Hortalizas, froitas e derivados
– Viño e derivados
O prazo para inscribirse a este programa prolongarase ata o 30 de setembro de 2019.
+ información na Convocatoria.
TRANSFÓRMATE E CRECE CONVOCATORIA 2019
Dentro do Programa Transfronteirizo “Transfórmate e crece”, márcase como obxectivo ofrecer un servizo de apoio e asesoramento a empresas, que inclúe dúas tipoloxías de intervención:
a) Servizos de apoio a empresas mercantís para súa transformación en organizacións de economía social
b) Servizos de apoio aos procesos de desenvolvemento de empresas de economía social
As intervencións a realizar corresponden a servizos de consultaría especializada, mediante unha metodoloxía orientada á obtención de resultados e ao deseño de accións concretas en cada organización destinataria para acadar os obxectivos, coa participación activa dos seus dirixentes.
O prazo para solicitar este servizo de asesoramento abrangue dende o 9 de xullo ao 15 de setembro de 2019.
+ información na Convocatoria.
EXPOSICIÓN ESPAZOS EFÉMEROS DE EMPRENDEMENTO DE ECONOMÍA SOCIAL POP-UP
O obxectivo destes espazos efémeros é aproveitar o potencial de infraestruturas e centros transfronteirizos existentes para contar cun espazo físico e un programa de actividades que permitan aos proxectos que se atopan en fase de creación ou consolidación ter unha experiencia real de venda e adquirir aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
Por tanto, os expositores poderán mostrar os seus proxectos durante un tempo limitado, permitíndolles xerar un feedback directo co cliente/consumidor.
A actividade, ademais de ofrecer ás entidades un espazo onde mostrar ao público os seus produtos, permítelles participar nun obradoiro de coworking onde presentar e coñocer os proxectos empresariais de cada un, ademais doutros exemplos de boas prácticas, nocións de comunicación e negociación. Cada entidade contará cun titorización individual.
O Mercado de Abastos de Santiago de Compostela é o espazo escollido para os espazos efémeros de emprendemento POP UP.
CONSULTAR DÍPTICO
DATAS E ENTIDADES PARTICIPANTES
22 e 23 de febreiro – 09:30 a 15:00h.
Productores del Campo Capela S. Coop. Galega
Tres Fuciños S.Coop. Galega
Terras da Mariña S.Coop. Galega
Milhulloa S. Coop. Galega
Condado Paradanta S. Coop. Galega
Galifresh S.L.
21 e 22 de xuño – 09:30 a 15:00h.
Cobideza S. Coop. Galega
Erica Mel S. Coop. Galega
Martín Códax S. Coop. Galega
Conservas Anaco E.I.L. S.L
Clun (Cooperativas Lácteas Unidas)
Cooperativa Caprina Galega
1 e 2 de marzo – 09:30 a 15:00h.
Productores del Campo Capela S. Coop. Galega
Tres Fuciños S.Coop. Galega
Terras da Mariña S.Coop. Galega
Nutre en Bio S. Coop. Galega
Condado Paradanta S. Coop. Galega
Galifresh S.L.
28 e 29 de xuño – 09:30 a 15:00h.
Bico de Xeado
Cobideza S. Coop. Galega
Erica Mel S. Coop. Galega
Martín Códax S. Coop. Galega
Cooperativa Caprina Galega
Clun (Cooperativas Lácteas Unidas)
8 e 9 de marzo – 09:30 a 15:00h.
Nutre en Bio S. Coop. Galega
Conservas Anaco E.I.L. S.L
Milhulloa S. Coop. Galega
Dairylac S.L.
Alcrique S. Coop. Galega
5 e 6 de xullo – 09:30 a 15:00h.
Bico de Xeado
Monte Cabalar S. Coop. Galega
Clun (Cooperativas Lácteas Unidas)
Erica Mel S. Coop. Galega
Conservas Anaco E.I.L. S.L
Alcrique S. Coop. Galega
BECAS XERENCIAIS CONVOCATORIA 2018
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas e entidades de economía social confrontan a función xerencial. Cinco cooperativas e unha Asociación resultaron adxudicatarias para recibir persoas bolseiras.
+ información Aquí.
Deixa unha resposta