- O proxecto LACES (0129_laces_1_e) aprobado no marco do programa Interreg V A España Portugal (POCTEP), financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) vén de adxudicar as Bolsas de xerencia en entidades de economía social, para persoas en situacións de desemprego en Galicia.
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas e entidades de economía social confrontan a función xerencial. Cinco cooperativas e unha Asociación resultaron adxudicatarias para recibir persoas bolseiras.
En canto ás persoas bolseiras, un total de 65 solicitudes foron admitidas, as cales foron sometidas aos procesos de baremación estipulados nas bases das Bolsas.
As candidaturas finais deberon realizar un curso de formación entre os días 25 e 28 de xuño. As persoas que completaron a formación foron sometidas a un proceso de selección final, coa seguinte resolución:
- Terras da Mariña S. Coop. Galega: Paula Rodríguez Porta
- Asociación de Ovino e Caprino de Galicia – OVICA: Silvia Penela Vázquez
- A Capela S.Coop. Gallega: Joaquín Tuñas No
- Viña Moraima S. Coop. Galega: Asunción Carballo Gómez
- Monte Cabalar S. Coop. Galega: Lourdes Mulet Abeledo
- Mopán S. Coop. Galega: Antonio Rejo Rejo