Formación

Teórica e práctica. Contamos cun cadro docente cualificado e anos de experiencia na xestión, coordinación e impartición formativa tanto a persoal traballador, como a cadros directivos ou de representación, persoas emprendedoras ou aspirantes.

Ampla oferta formativa especializada

Formación deseñada para a súa aplicación directa á actividade laboral

Cursos presenciais, a distancia e teleformación

Formación homologada

Xornadas sectoriais, Meetings…

Oportunidades de Negocio

Flexibilidade horaria

Todos os niveis formativos

CURSOS

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Estamos homologados para impartir certificados de profesionalidade

Os certificados de profesionalidade enmárcanse dentro do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional, polo que son recoñecidos polo Ministerio de Educación mediante a convalidación de módulos correspondentes aos títulos de Formación Profesional.

Acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo.

Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e as Comunidades Autónomas.

Posuír un certificado de profesionalidade completa un currículo profesional; ao ser un documento oficial que pode ser valorado en calquera proceso de selección convocado polas Administracións Públicas ou a empresa privada. Para o traballador/a que non ten outra titulación pero si coñecementos e experiencia profesional, pode abrirlle a porta do mercado laboral..

Os certificados de profesionalidade constan de tres niveis de cualificación profesional, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo.

Ver información dos certificados

FITOSANITARIOS

wb_fitosanitarios

O Real Decreto 1311/2012 establece a obriga de contar cun carné que acredite que se conta cos coñecementos necesarios para adquirir e traballar axeitadamente con produtos fitosanitarios.

AGACA imparte cursos de nivel básico e cursos cualificados, homologados pola Consellería do Medio Rural, para poder obter a acreditación de Aplicador /Manipulador de Produtos Fitosanitarios, con plans de estudos que incluúen todos os módulos, prácticos e teóricos, necesarios.

Adaptámonos ás necesidades de cada cooperativa en canto a horario e lugar de impartición.

Formación a Consellos Reitores 2025

En virtude do Convenio entre Cooperativas Agro-alimentarias de España e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación arrinca o programa de actuacións 2025 para a formación, igualdade e relevo xeracional de consellos reitores, con varios obxectivos que poden consultarse na seguinte ligazón:

Máis información

Uso da información xeográfica en cooperativas agroalimentarias en contorno ARCGIS HUB

En virtude da execución de accións de formación non regrada e adquisición de competencias en dixitalización dentro do paquete de dixitalización promovido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Cooperativas Agro-alimentarias de España pon en marcha este programa de formación, a través de AGACA.

Vai dirixido aos servizos agronómicos das cooperativas agroalimentarias, así como a profesionais que traballen nas Federacións e Unións Territoriais (FUTs). A realizacion do curso permitirá o acceso posterior da cooperativa a unha licenza de acceso ao sistema SIGCEX e ao Caderno de Explotación.

Máis información

CULTIVA: estadías formativas para persoas mozas en explotacións modelo

Cultiva é o Programa de Estadías Formativas de Xuventude Agricultora en Explotacións Modelo. Ofrece estadías gratuítas de 5 a 14 días, en explotacións de España.

O período de solicitude remata o 9 de xullo de 2025.

Diríxese a persoas menores de 41 anos incorporadas á actividade agraria como titulares de explotación e tamén a quen se incorporou despois do 1 de xaneiro de 2019, tendo menos de 41 anos.

É unha iniciativa fianciada e desenvolvida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Máis información


“Profesionalizarse para ser eficiente e competitivo é doado aproveitando as oportunidades formativas”.

loli-formacion

Loli Couso

Tfno/Whatsapp: 609 070 135
Mail: loli@agaca.coop

Loli Couso

Tfno/Whatsapp: 621 152 722
Mail: berta.agaca@gmail.com