— Benestar animal para persoal que manexa gando bovino (outubro – decembro 2026)

Información del curso

  • AGACA
  • 26/010/2026
  • 01/12/2026
  • 20
  • teleformación

AGACA imparte, entre o 26 de outubro e o 1 de decembro de 2026, o Curso Benestar animal para persoal que manexa gando bovino, cunha duración de 20 horas lectivas e en modalidade de teleformación. Está homologado pola Consellería do Medio Rural e permite adquirir coñecementos necesarios para asegurar o benestar dos animais e a seguridade no traballo das persoas que manexan gando bovino, con temáticas como comportamento, sanidade, hixiene, bioseguridade, xestión ambiental ou normativa.

Esta formación realízase ao abeiro do Real Decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións de gando bovino

 

O curso está dirixido principalmente a: Duración: Non subvencionada Impartido en
  • Persoal que manexa gando bovino
  • 20 horas
  • Formación non subvencionada
  • Teleformación (online)

O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de outubro de 2026.

Formulario de inscrición

Contido:

MÓDULO XERAL: 10 horas

  1. Introdución (30 minutos)
    a) A lexislación sobre benestar animal.
    b) Razóns da formación e do benestar animal.
    c) Motivación do/a gandeiro/a.
  2. Coñecemento dos animais (150 minutos)
    a) Anatomía e fisioloxía das especies de animais de renda. Diferenzas que condicionan os distintos comportamentos e capacidades.
    b) Comportamento animal. O comportamento segundo a especie, raza, idade e estado. Condicionantes anatómicos, sensoriais e outros que configuran o comportamento.
    c) Fatiga e benestar animal. Adaptación. Concepto e importancia.
    d) Saúde e enfermidades. Causas que predispoñen e determinantes da enfermidade. A hixiene e a prevención como factores de benestar animal.
    e) Rexistros das explotacións gandeiras.
    f) Seguridade no traballo. Criterios de seguridade para o persoal que traballa con animais. A súa importancia e relación co benestar animal.
  3. Aspectos sociais do benestar animal. O benestar animal na Unión Europea e no mundo (60 minutos)
    a) Relación persoa-animal. Aspectos sociais e relacións inespecíficas.
    b) O punto de vista da sociedade sobre o benestar animal..
    c) O benestar animal como factor económico das producións. Repercusións da falta de benestar animal na produtividade e na calidade dos produtos animais. Calidade ética das producións animais.
    d) Tendencias e perspectivas de futuro.
  4. Aspectos do benestar animal (6 horas)
    a) As instalacións e os equipamentos. Requirimentos para as distintas actividades e as distintas especies e momentos da produción.
    b) Repercusións do contorno no benestar animal. Requirimentos.
    c) Manexo, manipulación, contención dos animais e aplicación práctica dos coñecementos sobre comportamento animal. Condución do rabaño.
    d) Actuación ante unha emerxencia: plans de continxencia na granxa, durante o transporte e no matadoiro.
    e) Sacrificio de urxencia e métodos de sacrificio humanitario.
    f) Métodos de mellora do benestar nas explotacións, no transporte e no sacrificio..
    g) A PAC e o benestar animal. Criterios de condicionalidade.
    h) Infraccións e sancións.

MÓDULO DE FORMACIÓN PARA PERSOAL QUE MANEXA GANDO BOVINO: 10 horas

  1. Características da produción bovina
    a) Morfología y fisiología del ganado bovino.
    b) Alimentación y sistemas de alojamiento.
    c) Comportamiento animal y hábito de los bovinos.
  2. Sanidade animal, hixiene e bioseguridade
    a) Bioseguridade en explotacións de gando bovino e boas prácticas de hixiene.
    b) Actuacións na prevención de enfermidades animais e zoonoses.
    c) Inspección e observación de animais enfermos.
    d) Recoñecemento dos síntomas/síndromes asociados ás enfermidades de declaración obrigatoria. Vixilancia pasiva e obrigas de comunicación ás autoridades competentes.
    e) Medidas de loita contra enfermidades animais.
    f) Interacción entre saúde animal e humana.
    g) Interacción co benestar animal.
    h) Resistencia aos tratamientos, incluída a resistencia antimicrobiana e as súas consecuencias.
  3. Manexo
    a) Manexo no período posterior á cubrición.
    b) Manexo no pre-parto, parto e puerperio.
    c) Manexo do destete.
    d) Manexo da fase de cebo.
    e) Manexo durante o muxido.
  4. Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións
    a) Almacenamento dos estercos.
    b) Xestión dos estercos.
    c) Xestión de compostos nitroxenados.
    d) Xestión de emisións, ruídos e olores.
    e) Consumo de auga e enerxía.
  5. Rexistro de información e documentación
  6. Normativa vixente no ámbito europeo, nacional, autonómico e local relacionada

 

A formación en benestar animal é un requisito fundamental para garantir unhas condicións adecuadas de manexo dos animais vivos e para cumprir coa normativa vixente en materia de protección animal.

 

Máis información e contacto: 609 07 01 35 e/ou 621 15 27 22

  • Facebook
  • Twitter