• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Agaca presenta un estudo sobre pegada de carbono e hídrica

Agaca por Agaca
12 de Xullo de 2022
en Novidades
0
SHARES
0
VIEWS
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) presentou hoxe nunha xornada un estudo analiza a pegada de carbono e hídrica en 100 explotacións lácteas galegas.
  • A xornada incluíu relatorios sobre agrosilvicultura, carbón farming, cambio climático e estratexias de redución da pegada de carbono.
  • Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e Silvestre Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, interviñeron na xornada.

Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada Sostibilidade, Pegada de Carbono e Pegada Hídrica na produción de leite, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA). Nela foron presentados resultados do proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e a pegada hídrica” iniciado en 2018, no cal participou a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No proxecto efectuouse a medición da pegada hídrica e a pegada de carbono en 100 explotacións galegas produtoras de leite, cunha media de 88 vacas en fase produtiva.

Ricardo Rebolledo, enxeñeiro industrial na USC, explicou que mediante a metodoloxía de análise de ciclo de vida achouse que a media dos indicadores ambientais avaliados (pegada de carbono e pegada hídrica) foi de 1,42 kg de CO2 equivalente por litro de leite (en tanque frío de explotación) para a de carbono e de 1,33 m3/l en canto á hídrica.

En canto a fontes de impacto, as cargas ambientais principais son, para a pegada de carbono, as emisións de campo (fertilizantes e pensos) e, para a pegada hídrica, a alimentación do gando. Un fenómeno que se observa, ademais, é que a maior produción de leite, menor pegada de carbono: “Se mellora o rendemento da produción de leite, considerando os mesmos niveis de emisón e consumo, mellora o meu indicador de pegada de carbono e auga. En ambas as pegadas a emisión está ligada a emisións de campo, aínda que no caso da hídrica teñen maior impacto os pensos.”

Rebolledo indicou que as granxas analizadas teñen un valor de eficiencia próximo ao 100% (58 teñen un valor do 100% e as restantes sitúanse maioritariamente entre o 80% e o 100%).

Pola súa banda, María Rosa Mosquera (catedrática de produción vexetal da USC), indicou que a agrosilvicultura é clave para manter e mellorar o carbono orgánico no chan. En concreto, foi analizada a presenza e influencia de superficies des pastos, froitais e forestal nas 100 granxas. Mosquera indicou a elevada capacidade das explotacións de Galicia para secuestar carbono, dado que a maioría das analizadas declaraba contar con alguna das superficies, e recomendou a creación de plans de xestión adaptados ao clima e cultivos de cada zona, ademais de encamiñar as granxas cara aos pastos permanentes para alimentación do gando, tendo en conta non só o secuestro de carbono senón tamén a redución de custos en man de obra e compra de proteína, ademais de reducir o volume de xurros.

Por outra banda, Victorio Collado, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, explicou carbon farming, mellores técnicas dispoñibles e posibles ferramentas para controlar pegada de carbono no sector lácteo. María Luz Macho, subdirectora xeral de Meteoroloxía e cambio climático, presentou diferentes ferramentas e sistemas para calcular pegada de carbono nas explotacións e Lorenzo Bonoldi, de Nutralia Solutions, presentou Rumitech como caso de éxito na redución da pegada de carbono.

Aquí poden consultarse todos os relatorios:

–Presentación cálculos pegada de carbono e pegada hídrica (Ricardo Rebolledo, enxeñeiro, Universidad de Santiago de Compostela).
– A agrosilvicultura como clave para manter e mellorar o carbono orgánico no chan, xunto coa medición e posta en valor dos pasteiros (María Rosa Mosquera, catedrática de produción vexetal, Universidade de Santiago de Compostela).
– Carbon farming, mellores técnicas dispoñibles e posibles ferramentas para controlar pegada de carbono no sector lácteo (Victorio M. Collado, técnico de Gandería, Cooperativas Agro-alimentarias de España).
– Cambio climático e gandería en Galicia: previsión, sistemas de cálculo e evolución regulamentaria da pegada de carbono (María Luz Macho, subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, Consellería do Medio Rural, Territorio e Vivenda).
– Caso RUMITECH, certificado por Carbon Trust, e outras estratexias para reducir pegada de carbono. A importancia da fermentación entérica (Lorenzo Bonoldi, Nutralia Solutions).

Ademais, foi presentado o proxecto europeo GO-GRASS, no que participa AGACA, cuxo obxectivo é por en valor os pasteiros e atopar novos usos para a herba (como camas e concentrado de proteína orgánica para animais, biochar e papel).

A xornada forma parte do proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e a pegada hídrica”, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES).

Conta co cofinanciamentodo Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.

Etiquetas: CEPES.GO-GRASS.Sostibilidade

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • AVISO LEGAL
  • POLÍTICA DE CALIDADE
  • Política de privacidade
  • PERFIL DO CONTRATANTE
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo