- Os días 15 y 16 de xuñoo terán lugar dúas xornadas co título “O modelo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural”, nas instalacións da cooperativa CLUN en Ames e Melide.
As xornadas “O modelo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural” teñen como obxectivo favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns idóneos servizos de asesoramento ás explotacións no proceso de implantación das novidades normativas relacionadas coa ordenación do sector agroalimentario. Neste caso centraranse na gandería de precisión e no uso de drons e a súa regulación.
Son de especial interese para equipos directivos e membros de consellos reitores das cooperativas agroalimentarias e outras entidades de economía social, ademais de para mulleres e persoas mozas socias de cooperativas.
- 15/06/2026 – Instalacións de CLUN S. Coop. Galega en Lg. Portomaceira, s/n, Ames (A Coruña).
- 16/06/2026 – Instalaciones de CLUN S. Coop. Galega en Lg. Agüeiros-Furelos, s/n, Melide (A Coruña).
Programa previsto para ambas as xornadas
09:00 – 09:45 h Presentación
09:45 – 10:30 h O modelo cooperativo como xerador de riqueza no rural
10:30 – 11:30 h Gandería de precisión: exemplos prácticos
11:30 – 12:30 h Uso de drons: tipos de drons e tecnoloxía e sensores utilizados.
12:30 – 13:30 h Planificación de voos: software de planificación, normativa da Axencia Estatal de Seguridade Aérea
13:30 – 14:30 h Demostracións prácticas
Docente: David Blanco. CEO de BENIU
Esta actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



