PROXECTO ANCARES

ANCARES é un proxecto de innovación que impulsa a dixitalización e a sustentabilidade do sector lácteo mediante o desenvolvemento dunha ferramenta avanzada para a xestión do territorio e a cuantificación do carbono en explotacións gandeiras.

O proxecto facilita a transición cara a un modelo de gandería sostible, apoiando os profesionais do sector na toma de decisións baseadas en datos, mellorando a xestión dos solos e contribuíndo á mitigación do cambio climático.

O sector lácteo desempeña un papel clave na economía e na cohesión territorial de rexións como Galicia e Asturias, sendo fundamental para a xeración de emprego e a fixación de poboación no medio rural. Con todo, enfróntase a importantes desafíos relacionados coa redución de emisións, a adaptación ás políticas climáticas europeas e a necesidade de mellorar a sustentabilidade dos seus sistemas produtivos.

Neste contexto, un dos principais retos é a falta de ferramentas que permitan medir e xestionar de forma precisa o secuestro de carbono en chans agrarios, así como avaliar o impacto das prácticas de manexo sobre a saúde do chan e a eficiencia das explotacións.

ANCARES responde a este desafío mediante o desenvolvemento dunha solución innovadora que integra cartografía dixital, análise de solos, datos obtidos mediante sensores remotos e algoritmos preditivos, permitindo caracterizar o territorio, monitorizar variables clave e estimar o potencial de secuestro de carbono en explotacións de vacún de leite.

O proxecto reúne a actores clave de toda a cadea de valor —cooperativas, industria, centros tecnolóxicos e entidades de investigación— para garantir o desenvolvemento, validación e transferencia de solucións aplicables en condicións reais.

Obxectivo xeral

Deenvolver e implantar unha ferramenta dixital integrada que permita caracterizar o territorio, avaliar a saúde dos solos e cuantificar o potencial de secuestro de carbono en explotacións do sector lácteo, facilitando a toma de decisións e promovendo prácticas de xestión máis sostibles.

Obxectivos específicos

Desenvolvemento de ferramentas dixitais espaciais para a xestión do territorio
Desenvolver ferramentas dixitais espaciais para a caracterización do territorio e das explotacións lácteas, como base para a avaliación ambiental e a planificación sostible.

Xeración de datos de referencia para o marco europeo de carbono
Obter datos de referencia dos distintos idiotipos de gandería láctea na España verde (Galicia e Asturias), orientados á futura implantación do Regulamento europeo sobre Absorción de Carbono e Cultivo de Carbono (CRCF).

Promoción de sistemas gandeiros innovadores e boas prácticas
Promover sistemas gandeiros lácteos innovadores, xunto co desenvolvemento de guías de boas prácticas asociadas que contribúan a mellorar a sustentabilidade do sector.

Duración

Do 01/01/2026 ao 31/01/2029

Entidades participantes

Representación do sector: conexión directa coas explotacións gandeiras.

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias),
Central Lechera Asturiana (CAPSA FOOD y CLAS)

Investigación e coñecemento científico: achegan base técnica para a sustentabilidade e garanten rigor científico. Son responsables de on responsables de Caracterización de chans, Análises de datos e Xeración de coñecemento técnico aplicado.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Universidad de Oviedo (UNIOVI)

Denvolvemento tecnolóxico: mediante xeración de cartografía dixital, integración de datos espaciais, desenvolvemento de algoritmos preditivos e aplicación de sensores remotos.

Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS)

Coordinación e dinamización: apoio á xestión técnica e administrativa, análise estratéxica, comunicación e difusión de resultados

Medrar Smart Solutions

#ANCARES: Ferramentas innovadoras para a análise do uso do chan e nivel de carbono en agrosistemas de rexións lácteas sostibles (REGAGE25e00048404211) Proxecto de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Fondos procedentes do fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (80%) e da Administración Xeral do Estado (20%). Orzamento total do proxecto: 596.769,91 €. Subvención total: 596.769,91 €.