O proxecto FIELDS ven de publicar a súa segunda newsletter. Nela reflicte o calendario de acciónss dende o inicio ata a actualidade e un resumo cos obxectivos e entidades que participan na iniciativa. De carácter europeo, está financiado por Erasmus+.
FIELDS
FIELDS é un proxecto financiado pola Unión Europea (UE). Comezou en xaneiro de 2020 e rematará en 2024 (48 meses de duración).
Busca dar solucións formativas ás persoas traballadoras do sector agroalimentario e forestal en cuestións de:
- Sostibilidade,
- Dixitalización,
- Bioeconomía,
- Habilidades persoais, e
- Habilidades empresariais e de emprendemento.
Dende AGACA, xunto con Cooperativas Agro-alimentarias de España, participamos no proxecto cun consorcio de 31 organizacións de 12 países europeos.
Entre as distintas entidades figuran institucións de ensino superior e formación profesional, representantes do sector agrario e forestal e da industria agroalimentaria.
Para ver a newsletter, facer clic en Leer en línea o descargar.