- O programa gratuíto Incorporación á produción hortícola e consolidación das cooperativas de horta ofrece máis de 400 horas de formación teórico/práctica. Oriéntase a persoas sen coñecementos do sector e en situación de desemprego.
- A formación comeza o 10 de xuño, en horario de 15:00 a 19:00h.
- As persoas interesadas en participar no programa poden matricularse en completando este formulario ata o 5 de xuño.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) pon en marcha o programa formativo Incorporación a la produción hortícola e consolidación das cooperativas hortícolas.
A formación diríxese a persoas en situación de desemprego, sen coñecementos previos en produción e comercialización hortícola, co fin de capacitalas para crear o seu propio posto de traballo no sector e que se incorporen como socias a cooperativas, facilitando así a comercialización dos seus cultivos e reforzando o tecido empresarial cooperativo. A formación conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.
O programa arrinca o 10 de xuño, co curso Incorporación á explotación agraria: orientación cultivos intensivos, de 250, que abarca dende a xestión técnico –económica dunha empresa agraria ata a agrotecnoloxía.
Temario:
– Módulo 1.- A empresa agraria (30 horas)
– Módulo 2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas)
– Módulo 3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas)
– Módulo 4.- Relacións laborais e prevención de riscos laborais (30 horas)
– Módulo 5.- Sensibilización medioambiental (30 horas).
– Módulo 6.- Agrotecnoloxía (30 horas)
– Módulo 7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas).
– Módulo 8.- Produción de leite e manexo do gando (30 horas).
Quen complete con éxito esa formación avanzará a un curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios, de 25 horas, para a obtención do carné necesario para traballar con estes produtos. O temario vén regulado polo Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro.
Ademais, a formación inclúe 160 horas de prácticas de cultivo en leira.
A formación terá lugar nas instalacións da cooperativa El Plantel Comarcal de Betanzos, en Paderne. Está estruturada en 4 horas/día con horario de tarde (de 15:00 a 19:00h). Comeza o 10 de xuño.
La iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), e que inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector vacún de leite e outro de apoio á función xerencial nas cooperativas agroalimentarias. Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mejora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.
29/04/2021
(Información actualizada o 27/05/2021)