• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Abre a inscrición á xornada “Froitos do bosque en Galicia: o potencial das berries”

Agaca por Agaca
9 de Xuño de 2026
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O 25 de xuño terá lugar a décima sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, co título “Froitos do bosque en Galicia: o potencial das berries”.
  • A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 25 de xuño de 2026 terá lugar a xornada ‘Froitos do bosque en Galicia: o potencial das berries’, de 09:30 a 14:30 horas. A sesión contén un bloque dedicado á agronomía, acerca do necesario para iniciar un cultivo de froitos do bosque, e outro dedicado a poscolleita, transformación e comercialización de froitos do bosque, ademais de dar a oportunidade ao público para que interactúe cos relatores.

A sesión, que é gratuita, transcorrerá online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

A diferenza doutros cultivos sen tradición no territorio, Galicia xa conta cunha traxectoria real neste sector: plantacións en activo, empresas pioneiras con décadas de experiencia e unha rede crecente de pequenos produtores organizados. Esta xornada pretende capitalizar ese coñecemento acumulado e trasladalo ao tecido cooperativo galego como modelo replicable e escalable.

O clima atlántico galego —húmido, tépedo e con chans acedos— é unha vantaxe competitiva real para os froitos do bosque: permite producións de verán e outono cando o mercado europeo ten escaseza de oferta e os prezos son máis altos. A xornada analiza especie a especie as condicións agronómicas, os sistemas de produción, a poscolleita e as claves reais de acceso ao mercado.

Programa previsto

BLOQUE I.  APERTURA E CONTEXTO SECTORIAL. 09:30 – 10:20 h

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación da xornada
Carlos Ares. Director-gerente de AGACA
09:45 – Os froitos do bosque en Galicia: situación actual, evolución do sector e claves do éxito atlántico
Ramiro Touceda. Berries Galicia / Río Ulla SAT

BLOQUE II.  AS ESPECIES: AGRONOMÍA E SISTEMAS DE PRODUCIÓN. 10:20 – 11:50 h

10:20 – O arando en Galicia: variedades, solo e manexo en produción convencional e ecolóxica
Bio Fruit Farmers / Horticina
10:55 –  Fresa, framboesa e mora: sistemas de produción intensiva baixo plástico para o mercado de verán e outono
Ángel Borrajo. Produtor de arandos

11:50 – 12:05 – Desanso

BLOQUE III. AGRONOMÍA APLICADA: IMPLANTACIÓN E MANEXO EN GALICIA. 12:05 – 13:05 h

12:05 – Como iniciar un cultivo de froitos do bosque en Galicia: decisións clave antes de plantar
Juan Carlos García. Arándanos el Cierrón Consulting & Nursery Berries

BLOQUE IV. POSCOLLEITA, TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN. 13:05 – 14:10 h

13:05 – Poscolleita e transformación de froitos do bosque: calidade, conservación e produtos derivados
Javier Agrelo. Biofruit Galicia
13:40 – Como vender froitos do bosque: mercados, prezos e acceso a canles desde Galicia
Víctor Fernández. La Fontona S.L.

PECHE DA XORNADA. 14:10 – 14:30 h

14:10 – Mesa aberta de debate: preguntas e comentarios
14:25 – Conclusións e peche da xornada
Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de acceso libre previa inscripción, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Etiquetas: RedeEusumo.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.