Abrimos a convocatoria para a terceira edición do Curso de Incorporación á explotación agraria, orientación vacún de leite e Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios.
Comezará no mes de setembro.
O programa, de carácter gratuito, impartirase a través de Teleformación. En canto á duración, mentres a parte de Incorporación á producción de leite de vacún consta de 250 horas, a de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios será de 25 horas.
As personas interesadas en participar poden matricularse cubrindo o formulario que aparece neste enlace.
Dirixido a
Diríxese a personas desempregadas con intención de incorporarse ao mercado laboral nunha explotación ganadeira. Ademáis, conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.
Temario. Módulos
- 1.- A empresa agraria (30 horas).
- 2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas).
- 3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas).
- 4.- Relacións laborais e prevención de riscos laborais (30 horas)
- 5.- Sensibilización medioambiental (30 horas).
- 6.- Agrotecnoloxía (30 horas).
- 7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas).
- 8.- Produción de leite e manexo do gando (30 horas).
Ao completar con éxito esta formación, o alumnado avanzará a un curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios, de 25 horas, para a obtención do carné necesario para traballar con estes produtos. O temario ven regulado polo Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro.
As personas que desexen matricularse deben cubrir este formulario. |
Cepes
A iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), e que inclúe outros programas formativos, como o de apoio á función xerencial nas cooperativas agroalimentarias. Conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.