• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

“As mulleres tamén deben ocupar os espazos onde se toman decisións”

Entrevista. Mari Carmen López Gómez Membro do Consello Reitor de Caixa Rural Galega

25 de Xuño de 2026
en Blog
“As mulleres tamén deben ocupar os espazos onde se toman decisións”
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Formas parte do Consello Reitor de Caixa Rural Galega, cooperativa de crédito cunha forte vinculación co rural e co tecido cooperativo galego. Que significa para ti asumir esa responsabilidade?

Nacín nunha pequena explotación gandeira e medrei vendo como o esforzo e o cooperativismo permitían mellorar a vida no rural. O meu pai foi un dos socios fundadores de MELISANTO, hoxe integrada en CLUN, e iso marcou a miña visión sobre o valor da colaboración.

Por iso, formar parte do Consello Reitor de Caixa Rural Galega supón unha gran responsabilidade e tamén un orgullo persoal. A entidade representa un modelo de banca moi ligado ao territorio, ás persoas e ao desenvolvemento do rural galego, mantendo vivos valores cooperativos como a proximidade, a confianza e o compromiso co tecido produtivo.

Ao longo da túa traxectoria profesional estiveches ligada á innovación, ao emprendemento e á transformación dixital. Como poden axudar estes elementos ao futuro das cooperativas agroalimentarias?

A innovación e a dixitalización son ferramentas clave para garantir a competitividade e a sustentabilidade do sector agroalimentario. Non deben verse como algo alleo ao rural, senón como unha oportunidade para mellorar procesos, facilitar a toma de decisións e crear novas oportunidades de negocio.

Durante a miña etapa en Galicia Open Future puiden coñecer proxectos tecnolóxicos aplicados á agricultura, á gandería ou á viticultura, orientados a mellorar a eficiencia e a xestión das explotacións. As cooperativas teñen unha gran capacidade de adaptación e a incorporación de tecnoloxía é fundamental tamén para atraer talento novo e combater o envellecemento do rural.

Como valoras a evolución da presenza das mulleres nos órganos de decisión do cooperativismo e do sector agrario?

Nos últimos anos avanzouse de maneira importante e cada vez hai máis mulleres en postos de responsabilidade. Con todo, aínda queda camiño para acadar unha representación equilibrada.

Historicamente, as mulleres tiveron un papel esencial no sostemento económico do rural, aínda que moitas veces invisible e pouco recoñecido. Hoxe lideran explotacións, impulsan novos modelos de negocio e achegan unha visión moi vinculada á colaboración, á sustentabilidade e á cohesión dos equipos.

Segundo datos recentes, as mulleres representan arredor do 45 % das persoas socias das cooperativas agroalimentarias galegas, pero só ocupan aproximadamente o 22 % dos postos nos consellos reitores.

“Moitas mulleres teñen capacidade e preparación para asumir cargos de responsabilidade, pero ás veces necesitan sentirse apoiadas”

Que retos seguen existindo para que máis mulleres dean o paso cara a cargos de responsabilidade?

Aínda existen barreiras culturais, dificultades de conciliación e falta de referentes visibles. Moitas mulleres teñen capacidade e preparación, pero ás veces precisan sentirse apoiadas e ver que outras tamén deron ese paso.

Por iso é importante seguir creando espazos de participación, formación e visibilidade feminina dentro do cooperativismo, non só por igualdade, senón porque aproveitar todo o talento é fundamental para construír un rural con futuro

Que mensaxe lle trasladarías ás mozas que traballan no agro ou nas cooperativas?

Diríalles que confíen na súa capacidade e no que poden achegar. O sector necesita liderados diversos e máis presenza feminina nos espazos onde se toman decisións.

Dar ese paso pode impoñer respecto, pero tamén é unha oportunidade para transformar as organizacións desde dentro e abrir camiño ás seguintes xeracións de mulleres.

 

Esta entrevista é posible grazas á actuación financiada a través do Programa de Asistencia Técnica 2025 enmarcado dentro das actuación do Convenio MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España para o desenvolvemento de diversas actividades de mellora da competitividade e modernización das cooperativas agroalimentarias e a formación, igualdade e remuda xeracional en consellos reitores.

 

Etiquetas: Cooperación Galega
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.