• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA e o Concello de Vedra, nas alianzas da economía Gig

16 de Novembro de 2020
en Novidades
AGACA e o Concello de Vedra, nas alianzas da economía Gig
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • AGACA e o Concello de Vedra son os socios españois proxecto Entering the Gig Economy, financiado no marco do Programa Erasmus+ e liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda).
  • O obxectivo principal é crear alianzas para abordar os riscos e as oportunidades do autoemprego e capacitar os mozos e mozas que queiran ingresar neste mercado. Participan, tamén, entidades de Italia e os  Países Baixos.

O proxecto comezou o 1 de setembro de 2019 e durará ata o 28 de febreiro de 2022. Desde entón, tense creado un sitio web (enteringthegigeconomy.eu) con noticias relacionadas co desenvolvemento do proxecto e información sobre a economía Gig.

A pesar da imposibilidade de viaxar debido á pandemia de coronavirus, os socios teñen continuado a traballar de forma asidua no desenvolvemento do proxecto. Para estar en permanente contacto, véñense levando a cabo reunións virtuais de traballo de carácter mensual. Deste xeito, téñense realizado avances importantes en canto aos diferentes produtos intelectuais previstos no marco do proxecto, como a campaña de información e o programa de formación.

A Campaña de información sobre a economía Gig, desenvolvida a través da ferramenta Pearltrees.com, estará dispoñible en catro idiomas (español, inglés, italiano e holandés) e incluirá información clave sobre a economía Gig e os seus principais aspectos. Os primeiros materiais poden encontrarse no sitio web do proxecto e axiña tamén estarán dispoñibles en español. Os recursos conteñen exemplos concretos que resultarán útiles para as persoas que están pensando en traballar neste campo.

Outro produto, o Programa de formación para principiantes no mercado laboral e solicitantes de emprego, céntrase no uso dunha metodoloxía de investigación. Cada un dos socios do proxecto identificou boas prácticas e historias de éxito no campo da economía Gig. Identificáronse 17 programas, como actividades de emprendemento e mentalidade emprendedora, xogos online, vlogging profesional etc. Adicionalmente, os socios entrevistaron os grupos obxectivo e stakeholders sobre os potenciais riscos e vantaxes da economía Gig. En total, realizáronse 24 entrevistas con cámaras de comercio, traballadores da economía Gig, consultores de proxectos da UE, avogados, universidades, escolas, autoridades locais e rexionais, traballadores xuvenís etc. Os resultados da investigación mostran que esta forma de emprego debería apoiarse e promoverse máis, especialmente entre as persoas mozas, en tempos de pandemia, cando hai cambios significativos no mercado laboral.

Como parte do proxecto, tamén se creou o Grupo de Referencia do proxecto, que consta de profesionais, expertos e responsables da formulación de políticas e decisións en cada país socio para apoiar a execución do proxecto. A nosa rexión está representada por dez expertos da Universidad de Santiago de Compostela, EFA Galicia, Xunta de Galicia, Confederación de Empresarios da Coruña e outros. O grupo contribúe á avaliación da calidade do proxecto e ás actividades de difusión, e brindará retroalimentación aos socios.

A participación no proxecto amplía o coñecemento sobre a economía Gig e prepara as persoas e as comunidades para as súas oportunidades e ameazas. Esta iniciativa é extremadamente importante, especialmente hoxe en día, cando a economía Gig se está a volver cada vez máis popular e trae novas oportunidades de emprego no difícil momento actual.

16/11/2020

Etiquetas: Erasmus +.GIG-Economy.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.