- O curso gratuíto “Incorporación á empresa agraria: orientación cultivos intensivos” ofrece máis de 400 horas de formación teórico/práctica. Oriéntase a persoas sen coñecementos do sector e en situación de desemprego.
- As clases son en modalidade online.
- As persoas interesadas en participar poden matricularse cubrindo este formulario.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) arranca este ano co programa formativo Incorporación á produción hortícola consolidación das cooperativas hortícolas, convocando o curso “Incorporación á empresa agraria: orientación cultivos intensivos”.
Diríxese a persoas en situación de desemprego, sen coñecementos previos en produción e comercialización hortícola, co fin de capacitalas para crear su propio posto de traballo no sector e que se incorporen como socias a cooperativas hortícolas, facilitando así a comercialización dos seus cultivos e reforzando o tecido empresarial cooperativo. A formación conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.
Temario:
– Módulo 1.- A empresa agraria (30 h)
– Módulo 2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 h)
– Módulo 3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 h)
– Módulo 4.- Relaciós laborais e prevención de riscos laborais (30 h)
– Módulo 5.- Sensibilización medioambiental (30 h)
– Módulo 6.- Agrotecnoloxía (30 h)
– Módulo 7.- Cultivos de horta e flor (40 h)
– Módulo 8.- Sanidade vexetal. Instalacións. Mecanización (30 h).
– Prácticas de cultivo en finca. (160 h).
É posible matricularse ata o 10 de abril, cubrindo o ✎FORMULARIO DE MATRÍCULA
Quen completen con éxito esa formación avanzarán a un curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios, de 25 horas, para a obtención do carné necesario para traballar con estes produtos. O temario vén regulado polo Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro.
Para o desenvolvemento deste curso cóntase coa colaboración do Concello de Narón e de Agroflor S. Coop. Galega.
A iniciativa forma parte do proxecto Formación para l consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), e que inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector de vacún de leite e outro de apoio á función xerencial nas cooperativas agroalimentarias. Cuenta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.