• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Unha situación económica moi complexa

Editorial nº 162 Marzo 2023

3 de Abril de 2023
en Blog
Unha situación económica moi complexa

A length of rope almost broken with the strain

Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Levamos  tres anos  de infarto. En marzo  de 2020 confinouse media  humanidade  e  os  profesionais da  agricultura e da  gandería convertémonos en persoas  esenciais  no  proceso  de  subministración de  alimentos básicos para unha poboación sen alento ante  o rápido avance do virus Covid-19. Posteriormente, a reactivación económica disparou os  prezos  das  materias primas  e  mesmo puxo  en risco  a  subministración de  bens  esenciais. Dende agosto de 2020 os prezos das materias primas  de alimentación  animal  comezaron a  incrementarse, en  principio paulatinamente e en  2021, a  un  forte ritmo.  Coa   guerra de  Ucraína,  a  finais  de  febreiro do  pasado ano  2022, o sector  gandeiro entrou en pánico ante  o risco  real  de  desabastecemento de alimentos para os animais. Xa non se miraba o prezo senón  a posibilidade de abastecerse e evitar  danar o benestar dos animais das granxas.

Unha pandemia, unha guerra e unha inflación galopante fixeron  que  os fertilizantes,  os pensos  de alimentación animal, os carburantes, a  enerxía,  os fitosanitarios… acadaran   incrementos  brutais de prezos que  non  retroceden nestes inicios  do  2023. A inflación activa os mecanismos dos bancos centrais e comeza unha escalada de  tipos  de  interese  do 0% ao  3,5% en nove  meses, dificultando  atender os créditos privados das  empresas e a propia débeda pública. A guerra de Ucraína  cambia a mentalidade de  producir en China a producir en lugares  de  fiar, polo  que  camiñamos cara a unha globalización rexional.  En 2010 a  crise, chamada Gran  Recesión, curou  cunha  sobredose  de   austeridade. Tras   a quebra dun  banco en EEUU, a crise actual non sabemos como vai finalizar e que derivadas pode ter.

A UE marcou unha ruta tremendamente agresiva que provocou unha enorme diarrea normativa que impón elevación de custos produtivos e redución de rendementos con  efectos imprevisibles. Basta xa de máis normas  produtivas!

Pese a todo isto, en 2020 a UE marcou unha ruta estratéxica  tremendamente  agresiva e de  cambio coas producións agrogandeiras: a estratexia Da granxa á mesa e a estratexia da Biodiversidade, que, xunto coa nova  PAC verde, provocou xa unha enorme diarrea normativa de reais decretos que  impoñen unha elevación de custos  produtivos e unha redución de rendementos con  efectos imprevisibles sobre o noso tecido agrario. Neste intre, as alarmas pola suba  dos prezos dos alimentos aos consumidores obrígannos a afirmar, para quen queira escoitar, que  a suba  nos prezos dos alimentos ten a orixe no incremento dos custos  e nos cambios nas condicións de produción que   estamos obrigados  por  normativa  a  aplicar. Basta xa de máis normas  produtivas!

Para quen queira escoitar: a suba  dos prezos dos alimentos ten a orixe no incremento dos custos e nos cambios de produción que, por normativa, estamos obrigados a aplicar. Convén avisar de que peor  que uns prezos elevados dos alimentos é unha falta  deles.

Cando  sabemos que,  ano  tras  ano,  desaparecen unha media do 5% das  explotacións convén avisar á sociedade e ás administracións de que  peor  que uns prezos dos alimentos elevados é unha situación de falta  deles nos puntos de venda. Convén lembrar as imaxes  recentes de  supermercados cos estantes baleiros  de   alimentos  en  Reino  Unido,  e  convén insistir nas dificultades de poñer en marcha unha explotación agrícola ou gandeira nun período curto de  tempo, por  moi  rendible que  sexa  a  produción dese alimento. Apoien á produción!

Urxe que  a  UE e  o  resto  de  administracións  se comprometan a non desenvolver máis normas, máis atrancos, máis requirimentos produtivos. Pola contra, ás  cooperativas  tócanos  crear   equipos  técnicos para acompañar e orientar aos nosos agricultores e gandeiros para que  superen esta  transición normativa coas  menores dificultades económicas e sociais posibles.

Etiquetas: Sostibilidade
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.