• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Un proxecto europeo ofrece ferramentas para protexer traballadores gig

8 de Setembro de 2022
en Novidades
Un proxecto europeo ofrece ferramentas para protexer traballadores gig
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Esta mañá presentáronse os resultados do proxecto europeo Entering the Gig economy, do que son socios españois o concello de Vedra e AGACA.
  • O obxectivo da iniciativa é crear alianzas para abordar os riscos e oportunidades do autoemprego e capacitar ás persoas mozas que queiran ingresar neste mercado.
  • Covadonga Toca, secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, achegou cifras da economía gig en Galicia.

O proxecto Entering the Gig Economy, financiado no marco do Programa Erasmus+ e liderado polo Meath County Council (Irlanda), centrouse dende o seu inicio en 2019 en investigar, coñecer e informar sobre as características da chamada economía GIG, as súas oportunidades e ameazas.

Economía GIG

No ámbito da “Economía Gig” atópanse aquelas persoas que traballan como autónomos e non asinan ningún contrato de traballo estable, que, con todo, ofrecen os seus servizos en función de proxectos ou tarefas concretos, curtos e esporádicos.

Segundo a perspectiva adoptada, a “Economía Gig” pode representar un modelo económico prometedor, que permitiría aos individuos liberar todo o seu potencial e ser máis creativos como autónomos, ou exporse como un modelo inadecuado que necesita ser regulado polos responsables políticos competentes para evitar abusos.

Galicia, segundo datos achegados por Covadonga Toca, secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, “conta coa maior representatividade en España do sector de autónomos: o 20,5% de afiliacións á Seguridade Social son persoas autónomas”. Ademais, indicou, o 65% destas persoas desenvolven a súa actividade no sector servizos (seguido por agricultura e pesca), o 74,9% cotizan pola base mínima e, na súa maioría, desenvolven unha única actividade e fano en solitario. En canto ás empresas,  o 96,1% teñen menos de 10 persoas empregadas.

Neste contexto, o proxecto traballou para desenvolver campañas de formación e sensibilización dirixidas a persoas que traballan na economía gig destinados a axudalas corrixir as debilidades, adaptarse as ameazas, manter as fortalezas e explorar as oportunidades que ofrece este modelo de negocio. Elaborou tamén un kit de ferramentas e estratexias destinado a administración pública e gobernos locais, a representantes de entidades laborais e de traballadores e a centros de ensino, para contribuír ao establecemento de alianzas que deriven nun mellor apoio á economía gig.

Toda a información é de libre acceso en español, inglés, holandés e italiano na páxina web do proxecto www.enteringthegigeconomy.eu

O proxecto está liderado polo Meath County Council, de Irlanda, país do que proveñen outro dos socios, WIN Consultants. Por parte de España interviñeron AGACA e o Concello de Vedra, dos Países Baixos son Friesland College e Learning Hub Friesland Foundation e de Italia proveñen a Comune di Capannori e Formentica.

Etiquetas: GIG-Economy.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.