NOTA DE PRENSA: Asociación San Xerome Emiliani
- Mañá venres 08 de febreiro ás 12:00h terá lugar a Xornada de Presentación do Proxecto “XE-MENTE – As sementes da diversidade”, na sede da ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI, na Guarda (Rúa Galicia, 23), na cal participarán as administracións, institucións e entidades que apoian o proxecto.
- XE-mente ofrece un Itinerario formativo baseado na produción sustentable ecolóxica de produtos como herbas medicinais, árbores, flores, plantas ornamentais, hortalizas e froita, que se realizará entre febreiro e novembro de 2019, dirixido a persoas desempregadas do Baixo Miño, con e sen diversidade intelectual e/ou funcional.
A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI da Guarda (Pontevedra) pon en marcha o proxecto “ XE-MENTE – As sementes da diversidade”, un proxecto ambicioso, financiado pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE (Ministerio para a Transición Ecolóxica) con fondos FSE, no marco do PROGRAMA EMPLEAVERDE 2018, que conta cun orzamento total de 217.479,98€.
XE-MENTE nace para dar resposta a unha problemática:
- a falta de capacitación das persoas con diversidade;
- a escaseza de oferta formativa variada e especializada para este colectivo (sobre todo en emprego verde);
- as reducidas posibilidades de atopar emprego nos territorios rurais de referencia (Baixo Miño)
- as dificultades de inserción socio-laboral das persoas con diversidade
- as escasas iniciativas formativas inclusivas ás que poden acceder, habitualmente segregadas para persoas con e sen diversidade.
Á súa vez, XE-MENTE atende a unha serie de necesidades:
- ofrece unha nova oferta de capacitación profesional atractiva, enriquecedora e inclusiva, pero á vez natural, sinxela e accesible, ata o momento inexistente no noso territorio;
- capacita a grupos formados por persoas con e sen diversidade nun ambiente de ensino-aprendizaxe aberto e inclusivo, ata o momento inexistente;
- xera novos perfís profesionais verdes que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos, que axudarán á súa vez a preservar a riqueza dun ecosistema auto sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas mediante a valorización das súas sementes.
XE-mente propón 10 Acciones formativas verdes inclusivas de interese:
1) Formación de co-formadores – Capacitación de persoas con diversidade intelectual/funcional que impartirán a parte práctica do resto de accións formativas
2) Capacitación sobre Herbas medicinais autóctonas e as súas sementes
3) Capacitación sobre Especies arbóreas autóctonas e as súas sementes
4) Capacitación sobre Plantas ornamentais e as súas sementes
5) Capacitación sobre Horticultura ecolóxica e as súas sementes
6) Capacitación sobre Fruticultura ecolóxica e as súas sementes
7) Capacitación para a Creación e xestión dun horto ecolóxico
8) Capacitación para a Elaboración de compostaxe orgánica
9) Ecodeseño de sementeiros e recipientes biodegradables
10) Capacitación sobre comercialización de productos de huerta ecológica (física y online)
As actividades formativas realízanse en 2 rexións: BAIXO MIÑO (Pontevedra) e LANZAROTE (Illas Canarias).
Asistirán á xornada de presentación a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia; as alcaldesas e alcaldes dos 5 Concellos do Baixo Miño; a coordinadora do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade; representantes de empresas e asociacións empresariais do sector: TEIGA TMI SL, empresa de inxeniería medioambiental; AGACA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias; ACUBAM Asociación Cultivos Baixo Miño.
Pode consultar más información: Ficha resumo PDF (español)