COMUNICADO DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España
Ante a grave situación do mercado da froita de óso, como consecuencia da perda do seu mercado estratéxico,
- As organizacións representativas do sector da froita de óso, ASAJA, COAG, UPA, FEPEX e Cooperativas Agro-alimentarias de España dirixíronse ao Comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural o 8 de agosto, para pedir a revisión do Regulamento Delegado 2017/1165 da Comisión polo que se establecen, con carácter temporal, medidas excepcionais de axuda aos produtores de determinadas froitas, nun momento no que o sector da froita de verán se atopa sumido nunha grave crise de mercado.
Os representantes lembraron que a pasada primavera, o sector valorou este Regulamento que entrou en vigor o 1 de xullo —aínda que considerou que as cantidades máximas de retirada fixadas serían insuficientes-. Pediron que as institucións comunitarias volvan dar mostra de sensibilidade e axuden a paliar o impacto que está a ocasionar o peche do mercado ruso sobre as exportacións hortofrutícolas europeas.
Na súa carta, os produtores insisten en que o efecto do veto ruso non está amortizado, senón que segue sendo moi notable, especialmente no caso da froita de verán, por diversos motivos. Sobre todo, debido á vocación exportadora deste sector e polo carácter moi perecedoiro desta froita, o cal limita as posibilidades de substituír unha saída próxima, consolidada e voluminosa como a do mercado ruso, por outros destinos de exportación alternativos en terceiros países. Iso a pesar de que tanto os operadores como as administracións están a explorar e investindo nesta vía da diversificación das exportacións e a pesar do tempo transcorrido desde a declaración do “Veto Ruso”.
Como xa fixeron antes do verán, as organizacións españolas do sector da froita de óso reiteraron a súa petición de ampliar “as cotas de retiradas excepcionais” ofrecidas polo citado regulamento, considerando que a cota inicialmente asignada a España para pexego e nectarina (de 9.775Tm.) era claramente insuficiente, en comparación co volume tradicionalmente exportado a Rusia antes de 2014 e como o demostra o feito de que se esgotase nos primeiros días da campaña.
O sector español diríxese á Comisión cando o mercado comunitario de froita de óso soporta unha situación saturada e insustentable, na que os prezos ofrecidos están moi afastados do nivel necesario para cubrir os custos de produción e cando se está orixinando unha acumulación produto nas centrais. Fíxoo para pedir -como xa solicitou o propio MAPAMA á Comisión a semana pasada- que se estableza unha ampliación da mencionada cota para pexego e nectarina (que o sector cuantificou en 40.000 Tm.) e con carácter de urxencia.