• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

O presidente da Xunta respalda a petición do Foro e apoia a creación dun Clúster Galego de Economía Social

13 de Xullo de 2021
en Novidades
O presidente da Xunta respalda a petición do Foro e apoia a creación dun Clúster Galego de Economía Social
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Alberto Núñez Feijóo foi o encargado de clausurar o primeiro dos Cafés con Aroma a Economía Social, un evento organizado polo Foro  pola Economía Social  Galega e que tivo como ponente desta primeira edición ao presidene de  Cajamar, o lucense Eduardo Baamonde.
  •  Celso Gándara, presidente do Foro, pediu profundar na identidade como elemento de vantaxe corporativa e apostou por recuperar “a historia das nosas organizacións, do liderado das ideas e bases sobre as que se construíron as estratexias de economía social”.
  • Os representantes do Ibex 35 da economía social galega déronse cita no almorzo que foi inaugurado pola Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

 Santiago de Compostela, 13 xullo de 2021.  O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apoiou este mediodía en Santiago a creación dun clúster da economía social, dada a importancia deste modelo económico en Galicia: “A economía social xera 100.000 postos de traballo, o que significa que un de cada 11 fogares galegos vive dalgunha empresa vinculada a este modelo económico”. Estas foron algunhas das cifras destacadas polo presidente na súa intervención no acto de clausura da primeira edición de Cafés con Aroma a Economía Social, un evento organizado polo Foro pola Economía Social Galega ( ForoESgal) para poñer en valor a importancia das empresas que o conforman. O presidente tamén encomiou a fortaleza deste modelo e puxo como exemplo o ano 2020 no que, “a pesar da pandemia”, creouse unha empresa vinculada á economía social cada tres días.

O anuncio do clúster foi recibido con entusiasmo por parte dos asistentes ao acto, representantes do  Ibex 35 da economía social en Galicia, xa que supón o pulo definitivo á petición realizada polo propio Foro o pasado mes de xuño durante a súa asemblea xeral.

Recuperar a nosa historia e profundizar na identidade galega

Previamente á intervención de Alberto Núñez Feijóo, o presidente de  ForoEsGal, Celso Gándara, reflexionou sobre a necesidade de profundar na identidade como elemento de vantaxe corporativa, reivindicando que “a identidade da economía social baseada en valores e principios pode inspirar algunha das vantaxes competitivas de moitas das nosas empresas”. Isto, sinalou, “pódese realizar de diversas maneiras: recuperando a historia das nosas organizacións, do liderado das ideas e bases sobre as que se construíron as estratexias de economía social”. Nesta liña, apostou por organizar unha exposición “onde nos recoñezamos como sector, onde se poñan en valor as diferentes familias da economía social”.

Gándara tamén destacou o peso da economía social galega que, “sen contar as asociacións e fundacións, supón máis dun 6’5% do PIB galego” e lembrou que é un modelo que está presente “en multitude de sectores de actividade como o agroalimentario, a educación, a cultura, os servizos sociais ou a xestión de residuos….” Nesta liña, explicou que, segundo un estudo recente da Confederación Española de Empresas de Economía Social, “os principais impactos socioeconómicos da economía social son a cohesión territorial e a cohesión social”.

O presidente do Foro anunciou que o obxectivo das empresas que representa é acadar o 10% do Produto Interior Bruto de Galicia e, para iso, subliñou a necesidade de “unha estratexia do goberno galego en materia de economía social, a aplicación da lei de contratos públicos” e unha revisión da  Rede  Eusumo, da que, dixo, “xa estamos a traballar coa Consellería de  Emprego”.

Por último e dirixíndose ao presidente da Xunta de Galicia, sinalou que un dos obxectivos do Foro é “lograr unha interlocución homologable ao resto de axentes económicos e sociais participando en espazos máis amplos que o diálogo social”. Para finalizar a súa intervención, Gándara referiuse á primeira edición da Revista Nós e á vinculación desa xeración coa identidade galega, un dos valores que destacou ao principio da súa intervención.

O presidente de Cajamar, ponente da primeira edición de los Cafés

Eduardo Baamonde, presidente de Cajamar, foi o ponente desta primeira edición dos Cafés con Aroma a Economía Social. Baamonde realizou unha exposición detallada do peso da economía social en España e destacou o exemplo de  Cajamar: “Un modelo de banca fundamentado nos principios cooperativos que fan prevalecer as persoas sobre o capital e que cumpre un papel esencial na dinamización das economías locais achegando equilibrio ao sistema financeiro”.

O lucense reivindicou o comportamento diferencial das empresas e entidades da economía social tales como a creación de emprego inclusivo; maiores niveis de estabilidade no emprego; menor dispersión salarial; maiores niveis de igualdade nas empresas e a ampliación da oferta privada de servizos sociais e de educación. Neste sentido, falou dos retos de futuro e as claves para alcanzar o éxito: mellorar a súa dimensión, profesionalizar a xestión e apoiar a súa visión estratéxica na  gobernanza.

Pola súa banda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou a importancia da economía social en Galicia en cuestión de emprego e referiuse á creación dunha aceleradora que englobe a todos os sectores que a conforman.

O Foro representa a máis de 4.700 entidades en toda Galicia

O Foro  pola Economía Social  Galega naceu en 2018 impulsado polas organizacións máis representativas das diferentes familias da economía social galega: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia ( AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades  Laborais de Galicia ( AESGAL), a Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA), a Asociación Empresarial  Galega de Centros  Especiais de  Emprego   sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e   Espazocoop, Unión de Cooperativas   Galegas. A día de hoxe, o Foro representa a 4.788 entidades, que empregan a 24.900 traballadores e que están formadas por máis de 74.120 socios, comuneiros ou  mutualistas.

 

 

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.