- Durante esta semana, unha vintena de persoas asistiron ao obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”, que remata hoxe na Picota.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
[ot-caption title=”Presentación de TROCO2, de captura de CO2, como ejemplo de uso del monte.” url=”https://agaca.s3.eu-west-3.amazonaws.com/2019/04/20190422_Eusumo_CCCMMVV_Mazaricos_presentacion-proxecto-TROCO2-de-captura_de-co2-WB.jpg”]
Esta tarde termina na Picota o obradoiro Gobernanza cooperativa en las Comunidades de Montes Vecinales, organizado por AGACA. Unha vintena de persoas relacionadas coa xestión de montes veciñais e en man común (CMVMC) asistiron durante as tardes desta semana ao obradoiro.
A sesión de hoxe exporá o proxecto TROCO2, Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono, que se centra no papel dos bosques como sumidoiros de carbono de CO2, é dicir, na capacidade do terreos forestais para extraer este gas da atmosfera e almacenalo. Este efecto sumidoiro é un dos aspectos tratados na Lei de Montes de Galicia e poténciase por medio da xestión forestal sustentable. O proxecto recibe financiamento do programa POCTEP da Unión Europea.
O obradoiro comezou o luns cunha mostra de iniciativas de dinamización do uso dos montes veciñais con éxito, entre elas cría de porco celta, cultivo de castaña e oliva ou recollida de resina, mentres que as seguintes sesións desenvolveron aspectos máis directamente relacionados con xestión e administración das Comunidades, como son a propia gobernanza e xestión cooperativa das comunidades, a fiscalidade e a titularidade e defensa dos montes veciñais. Estes relatorios foron impartidos por Belén Romero, do despacho de avogados Calixto Escariz.
O obradoiro forma parte dun ciclo da Rede Eusumo destinado a impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes, que, en Galicia, xestionan aproximadamente dous terzos da superficie de monte da Comunidade. Así pois, mediante esta formación, búscase divulgar a fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar a activación destes terreos de cara a un rendemento produtivo, así como favorecer o emprego xuvenil
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.