• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Mazá de sidra en Galicia: oportunidades de negocio | AGACA

AGACA reunirá o 17 de setembro expertos do sector para analizar as claves da produción, transformación e comercialización da mazá de sidra en Galicia.

1 de Setembro de 2026
en Novidades
Manzana de sidra en Galicia
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o vindeiro 17 de setembro a xornada formativa “Mazá de sidra: da maceira ao mercado”, centrada nas oportunidades que ofrece a mazá de sidra en Galicia ao longo da súa cadea de valor. A actividade, que se desenvolverá en formato online no marco da Rede Eusumo, abordará cuestións como a sanidade vexetal, a transformación, a comercialización coa industria sidreira, os contratos de subministración e as posibilidades de diversificación e enoturismo.

A actividade dá continuidade á primeira edición celebrada en 2025, centrada no cultivo e na produción da mazá de sidra. Nesta ocasión, a xornada avanza ao longo da cadea de valor para abordar cuestións como a transformación artesanal e industrial da mazá, a sanidade vexetal da maceira, a comercialización coa industria sidreira e as posibilidades de diversificación e enoturismo.

O programa contará coa participación de profesionais e especialistas de referencia no ámbito da investigación, a sanidade vexetal, a Administración e a industria. A apertura correrá a cargo de Carlos Ares, director xerente de AGACA, e a primeira intervención abordará a conxuntura da mazá de sidra en Galicia, da man de Xosé A. Meijide, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

A continuación, Rosa Pérez, da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, afondará nas principais pragas e enfermidades da maceira e no seu manexo fitosanitario. A xornada incluirá tamén un webinar con Lucio García, do Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA), no que se presentará o GO Supraolivo.

Xa na segunda parte da mañá, Miguel López Sieiro, subdirector xeral de Coordinación da PAC, da Cadea e Calidade Alimentaria, analizará a cadea alimentaria, os contratos e os custos de produción. Pola súa banda, José Luis Olmedo, de Custom Drinks/Sidra Maeloc (Corporación Hijos de Rivera), abordará as claves da comercialización industrial e dos contratos de subministración coa industria sidreira.

A diversificación será outro dos eixos da xornada. Miguel Soto, da Asociación Maceira e Sidra da Estrada, presentará a Ruta da Sidra como modelo de valorización territorial e analizará as posibilidades que ofrece o enoturismo. Finalmente, a sesión pecharase con experiencias directas do sector, coa participación dos produtores José Antonio López Pampín, de A Estrada, e Jesús Rodríguez Raposo, de Alfoz, que compartirán a súa experiencia na produción e comercialización da mazá de sidra en Galicia.

A xornada está dirixida a socios e socias de cooperativas agroalimentarias e CUMAS, produtores e produtoras, persoal técnico, investigadores e investigadoras, persoas vinculadas á economía social do medio rural, estudantes e público xeral interesado no sector.

Inscrición na xornada sobre mazá de sidra

A participación é online, a través da plataforma Zoom.

Data: 17 de setembro de 2026
Horario: 9:30 – 14:30 h
Modalidade: Online (Zoom)

INSCRICIÓN Á XORNADA

PROGRAMA

09:30 hConexión e benvida aos participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.Carlos Ares. Director Xerente AGACA
9:40 hConxuntura da mazá de sidra en Galicia.Xosé A. Meijide. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – CIAM
10:30 hSanidade vexetal: pragas e enfermidades da maceira.Rosa Pérez. Estación Fitopatolóxica de Areeiro – Pontevedra
11:15 h.Presentación do Grupo Operativo SupraolivoLucio García. Centro Tecnolóxico da Carne – CETECA
Descanso

11:45 – 12:00 

12:00 hA cultura da sidra no País Vasco. Leire Alkorta – Sagardoaren Lurraldea – País Vasco
12:30 hSidra artesanal e enoturismo. Orlando Villamayor. Sidra artesanal Rabiosa – A Estrada
13:00 hA Ruta da Sidra como modelo de valorización territorial. Miguel Soto. Asociación Maceira e Sidra da Estrada
13:30 hA cadea alimentaria, os contratos e os custos de produción. Orlando Vázquez Yañez. Xefe do servizo da cadea agroalimentaria e do control de prácticas comerciais desleais – FOGGA.
14:00 hExperiencias na produción e comercialización da mazá de sidra en Galicia

José Antonio López Pampín. Produtor da Cooperativa Ulla Ullama – A Estrada

Jesús Rodríguez Raposo. Produtor de Alfoz

14:30 hFin da xornada

Unha actividade no marco da Rede Eusumo

A xornada enmárcase no programa da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Etiquetas: RedeEusumo.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Xestionar opcións
  • Xestionar servizos
  • Xestionar {vendor_count} proveedores
  • Ler máis sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}