FEADER2021/066A – Posta en valor da Faba de Lourenzá: sanidade da semente, cultivo e comercialización

Título: “Posta en valor da faba de Lourenzá: sanidade da semente, cultivo e comercialización” (FEADER 2021/066A)

Entidades Participantes: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA), Universidade de Santiago de Compostela e Terras da Mariña S. Coop. Galega.

Duración: 2021 – 2023.

Financiamento: Orzamento 136.834,00€ subvencionado ao 80% con fondos FEADER, fondos propios da Xunta de Galicia e fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Convocatoria: RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG Núm. 33, 18 de febreiro de 2021).

Obxectivo: O obxectivo principal do proxecto é profesionalizar o cultivo de horta da Faba de Lourenzá, mellorando a súa produción sen minguar a calidade e achegando valor no seu procesado e posterior comercialización. O proxecto engloba varios ámbitos, empezando pola avaliación da sanidade dos lotes de semente e o seguimento epidemiolóxico para atopar as mellores técnicas de cultivo, de protección e de selección da semente. Para iso, traballa na creación dun kit de análise de potyvirus e Ps. Ph. que axude a mellorar a sanidade das plantas, diminuíndo a incidencia de viroses e a perda de produción que ocasionan.

Busca, ademais, homoxeneizar a calidade da faba e crear un programa de trazabilidade e xestión integral deste produto, con datos dende a súa procedencia a ata a traxectoria dos lotes. No que respecta á comercialización, aspira a revalorizar a Faba de Lourenzá con novos produtos como o hummus de faba, que acheguen valor engadido mantendo unha produción sostible e respectuosa co medio e a tradición.

Preme nas imaxes para ver paneis informativos.

Descargar folleto PDF.

Mírao na nosa revista Cooperación Galega, nº 155 (outubro 2021).

Noticia sobre a presentación do proxecto: 15/10/2021