FEADER2019/024A – Implantación de producións máis sostibles e ecolóxicas


Título: “Implantación de producións máis sostibles e ecolóxicas en cultivos de horta extensiva en Galicia” (FEADER 2019/024A).

Entidades Participantes: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA) e Postoiro S. Coop. Galega.

Duración: marzo 2019 a outubro 2021.

Financiamento: Orzamento 96.011,50 € subvencionado ao 80% e financiado cun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministeri de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Convocatoria: RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. (DOG Núm. 26, 6 de febreiro de 2019).

Obxectivo: O proxecto de innovación titulado “Implantación de producións máis sostibles e ecolóxicas en cultivos de horta extensiva en Galicia” está liderado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e pretende acadar a posta a punto da produción en ecolóxico de cinco cultivos diferentes: brassicas como repolo, brócoli, romanesco e verza, así como de cebola chata do país. Esta produción en ecolóxico basease na implementación nestes cultivos do rego por goteo e da fertirrigación.

Así mesmo, levaranse a cabo ensaios para adaptar a produción convencional destes ata a agricultura ecolóxica, incrementando o valor do produto a través da calidade, a sustentabilidade e a innovación. Desta maneira, acadarase unha maior eficiencia no uso da auga grazas á redución do volume desta e da enerxía empregados. Establecerase o fertilizado mediante fertirrega nestas brassicas e cebolas para unha mellor xestión dos fertilizantes, diminuíndo a lixiviación de nutrientes que poidan contaminar os acuíferos. Paralelamente a todo isto, buscarase unha produción cun mínimo emprego de pesticidas e fertilizantes sintéticos, enfocada á produción ecolóxica. Trátase dun proxecto de tres anos de duración que se desenvolverá na comarca de A Limia.

A unión de cooperativas AGACA coordina o proxecto e encárgase das actividades de seguimento, en colaboración co socio Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA), que implicará os seus recursos propios para o estudo da calidade das colleitas, así como para o asesoramento agronómico, e coa participación da cooperativa Postoiro S. Coop. Galega, que realizará o plan experimental cos produtos de horta.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) mediante o programa de axudas para proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Descargar folleto PDF.

Mírao na nosa revista Cooperación Galega, nº 155 (outubro 2021).

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo