Estes tres obradoiros son presenciais e desenvolveranse en inglés.
LEAN MANAGEMENT
- Data: 26 e 27 de setembro.
- Lugar: Reaseheath College – Reino Unido.
Está dirixido principalmente para os profesionais e os principais agricultores que utilizan un enfoque Lean. Haberá unha visita a unha granxa incluída no taller. Los gastos de viaje son pagados por EuroDairy.
Se está interesado en asistir, contacte conRachel Chamberlayne: Rachael.Chamberlayne@ahdb.org.uk (en inglés).
MELLORANDO A EFICIENCIA DA ALIMENTACIÓN: COMPARTINDO LECCIÓNS EN TODA EUROPA
- Data: 16 e 17 de outubro.
- Lugar:Mercure Newbury Elcot Park Hotel – Elcot – Newbury RG20 8NJ – Reino Unido
Reunirá a expertos e agricultores para analizar diferentes enfoques prácticos para mellorar a eficiencia da alimentación. No obradoiro presentaranse dúas granxas piloto do Reino Unido, e haberá visitas a outras dúas.
No obradoiro teremos oradores de toda Europa que compartirán a súa experiencia en:
– O enfoque da eficiencia en diferentes sistemas lácteos, con economía e estratexias prácticas
– Datos e indicadores clave de rendemento para a eficiencia da alimentación
– O papel da eficiencia na mitigación dalgúns problemas ambientales importantes, como el nitrógeno e o fósforo
– Que poden facer a xenética e a tecnoloxía para axudar?
Ademais, escoitará dous estudos de casos reais dos nosos agricultores piloto e terá a oportunidade de visitar dúa granxas de EuroDairy.
Como el taller será lo más interactivo posible, habrá varias sesiones interactivas para debatir temas, compartir coñecemento o e identificar ocos e oportunidades para mellorar a eficiencia.
Se está interesado en asistir, contacte con María Rey: mrey@agaca.coop
WELFARE PLUS (Benestar Plus):
- Data: 5 e 6 de novembro.
- Lugar: Birmingham – Reino Unido.
O obradoiro Benestar Plus está dirigido a expertos, investigadores e agricultores que están particularmente interesados en estándares aínda máis altos de benestar animal. Sondearanse cuestións coma o acceso a los pasteiros, a separación de vacas, tenreiros etc. Este obradoiro é un desenvolvemento natural adicional baixo o lema de EuroDairy – ‘Avaliación do benestar’
Este marco foi desenvolvido a partir de investigacións recentes no Reino Unido e baséase en evidencias publicadas e opinións de expertos que crean tres niveis de provisión de recursos que están por encima dos estipulados na lexislación do Reino Unido. O obradoiro ten como obxetivo reunir a agricultores e especialistas en benestar de toda Europa que estean interesadosno benestar do gando leiteiro para fomentar a coordinación e o intercambio de información e experiencias. O obradoiro brindará unha oportunidade para que agricultores e expertos de toda Europa compartan as súas opinións sobre o marco de Welfare Plus.
O evento está sendo organizado por EuroDairy co apoio de AHDB (Agriculture and Horticulture Development Board) e a Universidade de Bristol. O obradoiro contará con presentacións curtas e grupos de discusión interactivos.
O luns, día 5 de novembro, haberá unha cea ás 19:00 horas. O obradoiro levarase a cabo o martes, 6 de novembre, de 08:30 a 16:00 preto do aeroporto de Birmingham
Se desexa asistir contacte con Lorna Gow: lorna.gow@ahdb.org.uk antes do 7 de setembro de 2018 (en inglés).
Acerca de EuroDairy
EuroDairy é unha rede internacional para aumentar a sustentabilidade económica, social e ambiental da produción leiteira en Europa, nun momento de desafío sen precedentes para o sector. Financiada polo programa Horizonte 2020 da UE, EuroDairy fomentará o desenvolvemento e a difusión de innovacións baseadas na práctica na produción leiteira, centrándose en cuestións clave de sustentabilidade que xorden tras a supresión das cotas lácteas: resiliencia socioeconómica, eficiencia dos recursos, coidado dos animais e integración da produción de leite con obxectivos de biodiversidade.
EuroDairy abarca 14 países, dende Irlanda ata Polonia, dende Suecia ata Italia; abarca o 40% dos produtores leiteiros, o 45% das vacas e o 60% da produción de leite europeo. O proxecto adopta o modelo interactivo de European Innovation Partnership, colocando aos agricultores no centro da innovación baseada na práctica, adaptando e desenvolvendo o coñecemento científico, tanto o novo como o existente, para producir solucións implementables, que logo poden ser compartidas a través da rede.
04/09/2018