• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA e AEIGA presentan un estudo sobre a perda e o desperdicio alimentario na economía social galega

A investigación, elaborada no marco da Rede Eusumo, analiza o impacto, as causas e as oportunidades de prevención do desperdicio alimentario no sector hortofrutícola galego, destacando o papel das cooperativas e outras entidades da Economía Social na construción dun modelo alimentario máis sostible.

6 de Novembro de 2025
en Novidades
Publicacións
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

AGACA e AEIGA elaboraron, no marco da Rede Eusumo, un estudo que analiza a perda e o desperdicio alimentario no sector hortofrutícola galego desde a perspectiva da Economía Social. O informe recolle datos, boas prácticas e propostas sostibles impulsadas por cooperativas e entidades galegas para reducir e valorizar os alimentos, contribuíndo a un modelo produtivo máis eficiente e responsable.

No marco da Rede Eusumo,veñen de publicar este estudo: ” Estudo de impacto e potencialidades da prevención de perdas e desperdicio alimentario no sector hortofrutícola da economía social de Galicia”. Este estudo para o fomento do cooperativismo e da Economía Social en Galicia, analiza en profundidade a problemática da perda e o desperdicio alimentario no sector hortofrutícola, un desafío de enorme relevancia económica, social e ambiental. A través dunha revisión exhaustiva de fontes oficiais e de entrevistas a entidades galegas de Economía Social —as cooperativas Horsal SCG, Porta do Río Miño SCG e a empresa de inserción Primicias Raíña—, o informe achega unha visión actualizada sobre as causas, o impacto e as posibles solucións a esta problemática desde unha perspectiva cooperativa. Ademais, pon o foco na nova Lei 1/2025 de prevención da perda e o desperdicio alimentario, que marcará un punto de inflexión para o sector agroalimentario galego. O obxectivo último é contribuír á construción dun modelo produtivo máis sostible, solidario e eficiente, no que a Economía Social xogue un papel clave na redución e valorización dos alimentos perdidos ou desperdiciados.

O traballo afonda na magnitude do problema tanto a nivel global como europeo, destacando que cada ano se perden ou desperdician millóns de toneladas de alimentos que poderían destinarse ao consumo humano. Este fenómeno ten un forte impacto económico e ambiental, pero tamén presenta importantes retos éticos e sociais, nun contexto no que millóns de persoas carecen dun acceso axeitado a unha alimentación de calidade.

Neste sentido, o estudo salienta a oportunidade que representa a Economía Social —e especialmente o cooperativismo agroalimentario— para avanzar cara a sistemas alimentarios máis responsables. A través de boas prácticas, innovación e modelos de xestión sostible, as entidades do sector poden reducir as perdas nas fases de produción, distribución e consumo, contribuíndo así ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á transición ecolóxica.

O documento inclúe, ademais, propostas e exemplos de iniciativas que xa se están a implementar en Galicia e noutros territorios, orientadas á revalorización dos excedentes hortofrutícolas, ao fomento do aproveitamento alimentario e á sensibilización da cidadanía. Con isto preténdese ofrecer ferramentas útiles ás entidades da Economía Social e ao conxunto do sector agroalimentario para avanzar na prevención do desperdicio alimentario e na creación de valor compartido.

A publicación completa do “Estudo de Impacto e potencialidades da prevención de perdas e desperdicio alimentario no sector hortofrutícola da economía social de Galicia” está dispoñible para a súa descarga na web, no marco das accións promovidas pola Rede Eusumo para impulsar a sustentabilidade e a cooperación no medio rural galego.

Ver Manual

Etiquetas: horta/florRedeEusumo.Sostibilidade
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.