- O 14 de febreiro terá lugar un encontro online para mozos e mozas que trabajan no sector agroalimentario galego que se centrará na Incorporación á actividade agroganadera.
- Desenvolverase de 16:00 a 19:30h.
- As persoas interesadas poden inscribirse facendo click nesta ligazón.
O encontro celebrarase de modo online e terá formato participativo (a través de Zoom) co obxectivo de ofrecer ás persoas mozas que participen o coñecemento en primeira persoa dos principais aspectos a ter en conta ao iniciárense na actividade agrogandeira.
Tratarase de achegar propostas, suxestións, estratexias e aspectos clave na posta en marcha da actividade, para abrir as expectativas da mocidade á realidade da actividade na empresa agrogandeira e o cooperativismo agroalimentario.
O programa completo da xornada é o seguinte:
16:30 h. — Recepción e entrega de documentación.
16:45 h. — Presentación Resultados do Programa CULTIVA 2021 “Catálogo de Estancias Formativas para xóvenes”.
D. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
17:00 h. — A incorporación á Actividade Agraria: Aspectos clave para acadar o éxito.
D. José Ramón Pedreira Dono. Xefe de Sección Estruturas Agrarias. Xunta de Galicia.
17:45 h. — Debate: Incorporación á Actividade e cooperativas agroalimentarias. Axudas actuais.
D. José Ramón Pedreira Dono. Xefe de Sección Estruturas Agrarias. Xunta de Galicia.
D. Carlos Ares Fernández. Técnico de AGACA.
19:30h. — Peche do encontro.
[button link=”https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZckdeivqDspHNydI97UIZET2SgZGtCJECNV” icon=” ” target=”” color=”0000ff” textcolor=”ffffff”]Inscríbete[/button]
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.