- O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir en liña, comeza o 6 de marzo e conclúe o 17 de abril.
-
A inscrición pode realizarse nesta ligazón.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor de formación, a distancia e gratuíta, relacionada coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e a divulgación do papel do cooperativismo.
A undécima edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir a través dunha plataforma de teleformación, permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que é necesario incribirse completando un formulario nesta ligazón.
Terá lugar entre o 6 de marzo e o 17 de abril.
O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas.
PROGRAMA:
Unidade | Denominación | Nº Horas | Módulos |
I | Cooperativismo no sector primario | 10 hs | 1. As cooperativas |
2. Marco legal do cooperativismo | |||
II | Certificacións de calidade | 40 hs | 3. ISO 9001 |
4. Certificacións en vacún de leite | |||
5. GLOBALG.A.P. | |||
6. BRC/IFS | |||
7. ISO 22000 | |||
III | Certificacións ambientais | 20 hs | 8. ISO 14000 (14063, 14067…) |
9. Análise do ciclo de vida | |||
10. Pegada de carbono | |||
11. Pegada hídrica |
Descargar programa completo en PDF.
Pode solicitar máis información a Demetrio Bedriñana: estudos5.agaca@gmail.com.
Esta actividade se enmárcase no programa de actuación 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.