• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Eleccións aos Consellos Reguladores. A diferencia está nas cooperativas

Agaca por Agaca
9 de Xaneiro de 2023
en Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Estamos inmersos no proceso electoral para a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego dende que o 10 de novembro se publicara no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de convocatoria da Consellería do Medio Rural. Prorrógase o mandato de 11 deles polo escaso número de inscritos (pouco máis do 2% do total de operadores en réximes de calidade) e o baixo volume de actividade (inferior ao 0,5% do total de producións con selo).

Así, tras máis de cinco anos (retrasouse un ano pola pandemia), abriuse un proceso polo que serán elixidos os órganos de goberno dos consellos reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) vitivinícolas Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras; do Consello Regulador das indicacións xeográficas (IX) das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; dos consellos reguladores das DOP dos queixos Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla e San Simón da Costa; dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea e Castaña de Galicia; do Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Prorrógase o mandato dos consellos reguladores das DOP Cebreiro e Pemento de Herbón e das IXP Lacón Gallego, Faba de Lourenzá, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto, Pemento da Arnoia, Pemento de Oímbra, Pemento de Mougán e Pan Galego.

A estas alturas, organizacións profesionais agrarias, asociacións e cooperativas e as súas asociacións xa presentaron as candidaturas ás vogalías da Xunta Electoral e elaboraron os censos electorais e están inmersas no proceso de presentar candidaturas ante cada Consello Regulador. Non será ata o 27 de xaneiro cando a Xunta Electoral faga a súa proclamación definitiva das candidaturas; nese intre, se hai acordo no reparto das vogalías dos censos ou subcensos, xa se dará por pechado o proceso electoral neles.

Proceso electoral

Cómpre destacar que no proceso electoral de 2017 constituíronse novos consellos reguladores: o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protegida Pan Galego, o de máis recente constitución, e o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia —que xestiona as indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca Gallega-Buey Gallego— que veu substituír o Consello Regulador da IXP Ternera Gallega. Ambos os dous están funcionando con órganos de goberno provisorios mentres non se realice un proceso electoral.

Por esta razón, atopámonos nun momento trascendental para as cooperativas de vacún de carne socias de AGACA, que presentaron unha candidatura conxunta co el fin de acadar presenza no Censo A1.

Neste punto é preciso deixar claras as fortalezas das cooperativas diante do proceso electoral aberto, especialmente no subsector da carne de vacún, xa que no de viño, onde tamén hai aspectos a revisar e mellorar, a candidatura das cooperativas está asegurada.

As cooperativas de carne. A nosa proposta de valor

As cooperativas gandeiras presentamos unha proposta diferente no proceso electoral. A calidade é o eixo principal sostido por cinco principios inamovibles: o primeiro é o apoio a unha xestión profesional da IXP, fomentando a adopción de decisións do conxunto do sector que favorezan un maior valor das carnes controladas e marcadas; a defensa e promoción da carne de calidade diferenciada da IXP, prioritariamente Ternera Gallega Suprema. O terceiro punto céntrase na elaboración de propostas dialogadas e integradoras do conxunto da cadea de valor a favor dunha maior valorización dos animais, fronte á sistemática da confrontación política e sindical, desestabilizadora da IXP. Por suposto, o valor engadido da cadea de carne de vacún queda en Galicia, evitando a especulación no sector e, xa por último, traballar arreo para conseguir novos mercados onde obter mellores prezos para un produto de extrema calidade así como un maior beneficio para o produtor.

“A fórmula electoral das cooperativas fundaméntase en cinco propósitos: xestión profesional da IXP; defensa e promoción da carne de calidade diferenciada; elaboración de propostas dialogadas e integradoras do conxunto da cadea de valor a favor dunha maior valorización dos animais, fronte á sistemática da confrontación política e sindical; evitar a especulación e traballar por conseguir novos mercados onde obter maiores beneficios para o produtor”.

Diferenciación

A principal diferencia que distancia ás cooperativas gandeiras de AGACA do resto de candidatos, avalada por unha densa traxectoria de defensa, representación e apoio seguida ao longo de máis de 30 anos en activo é que o obxectivo non é formar parte dun Consello Regulador para facer política, nin para favorecer a partidos ou ideoloxías. Somos profesionais e actuamos como profesionais.

“A principal diferenza das cooperativas gandeiras de AGACA é que non estamos para facer política, favorecer a partidos ou ideoloxías. Avogamos por un sector profesionalizado: Somos profesionais e actuamos como profesionais”.

As cooperativas somos imparciais diante dos procesos electorais de concellos, parlamentos, congresos… O Consello Regulador de Carne Vacún de Galicia non é para facer política nin sindicalismo ou confrontación de exaltación continua. É unha oportunidade para a mellora profesional do sector cárnico galego que debemos aproveitar, xa que esta oportunidade non se volve a presentar ata dentro de catro anos.

Cada día centramos os nosos esforzos na comercialización directa e profesional de centos de animais de Ternera Gallega Suprema, negociando os mellores prezos, vixiando a pesada dos mesmos á entrada do matadoiro e garantindo o cobro dos mesmos baixo unha correcta clasificación. No Consello Regulador defenderemos unhas mellores condicións de mercado para os produtores, pois coñecemos o mercado moito mellor que os demais.

Somos a única entidade conformada por gandeiras e gandeiros galegos que estivemos presentes e participamos en Ternera Gallega dende as primeiras reunións constituíntes, onde explicamos a miles de gandeiros e gandeiras en que consistía e que apostamos por esta entidade dende os inicios, hai máis de 30 anos, mentres outros non existían aínda ou se opoñían a organizar e profesionalizar o sector de carne de vacún de Galicia.

Só cos representantes das cooperativas acadaremos seguridade, proximidade, estabilidade, certeza, avanzar na cadea de valor, orientación cara ó mercado, información, traballo en rede e intercooperación. A candidatura das cooperativas é de gandeiros e gandeiras confiables, cribles e únicos demócratas con traxectoria demostrable.

As cooperativas

·         Somos profesionais. Avogamos por un sector profesionalizado.

·         Non xogamos á política, nin admitimos o uso político do consello regulador..

·         Coñecemos ben o mercado, defendemos mellores condicións para os produtores.

·         Mentres outras entidades opoñíanse a crear un sector de carne de vacún galego organizado e profesionalizado, os gandeiros e gandeiras das cooperativas estivemos presentes na creación de Ternera Gallega.

Só cos representantes das cooperativas acadaremos seguridade, proximidade, estabilidade, certeza, avanzar na cadea de valor, orientación cara ó mercado, información, traballo en rede e intercooperación.

As cooperativas de viño

O papel tan extraordinario que xogan as cooperativas de viño galegas tanto a nivel económico como social está moi por encima da porcentaxe representativa concedida nos Consellos Reguladores, sobre todo tendo en conta que hai adegas e viticultores privados que están sobrerrepresentados. Por exemplo, hai D.O. nas que as cooperativas aínda que superan o 30% da parte social ou económica, non chegan ao 20% de representación nos Consellos Reguladores.

É de recibo que algún día, a Administración pública tome esta cuestión en serio e considere corrixir esta situación de cara a adaptarnos á realidade económica e social de cada un dos censos.

No ámbito do viño é de recibo que a Administración tome en serio o papel das cooperativas que agora mesmo esta subrepresentado.

A pesar desta subrepresentación, as cooperativas resultan fundamentais como elementos de conexión e interrelacións entre a parte produtiva e a comercializadora xa que habitualmente están presentes en todas as fases da cadea de produción das Denominacións de Orixe.

Exercen un papel de moderación, coherencia, profesionalización e planificación a medio e longo prazo resultando claves para a ordenación, viabilidade e sustentabilidade de cada unha das fases da cadea.

Composición do censo electoral Consello Regulador IXP Carne de Vacún de Galicia

Sector produtor.

Censos A1 e A2: constituídos polas persoas titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Gandarías e no Rexistro de Cebadoiros do Consello Regulador, respectivamente.

Sector industrial.

Censo B: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no Rexistro de Matadoiros do Consello Regulador. Dividirase en dous subcensos, segundo o número de canais certificadas no ano 2021:

·         Subcenso B1: matadoiros con ata 2.000 canais certificadas.

·         Subcenso B2: matadoiros cunha cantidade de canais certificadas superior a 2.000.

Censo D: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no Rexistro de Salas de Despezamento do Consello Regulador.

Censo E: constituído polos titulares de establecementos inscritos no Rexistro de Grosistas e Retallistas de Carne do Consello Regulador.

 

 

 

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • AVISO LEGAL
  • POLÍTICA DE CALIDADE
  • Política de privacidade
  • PERFIL DO CONTRATANTE
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo