| PROGRAMA DE ASISTENCIA TÉCNICA 2026
COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS DE ESPAÑA |
||
| En virtude do RD, de concesión directa de diversas subvencións en materia agroalimentaria e pesqueira previsto polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación e do que é entidade beneficiaria Cooperativas Agro-alimentarias de España, por un importe total de 1.171.162,50€, arrinca o Programa de Actuacións 2026 en materia de Asistencia Técnica, que contempla actividades dentro dos seguintes obxectivos:
1. Fomento da intercooperación para o redimensionamiento, vertebración e integración cooperativa, 2. Fomento da competitividade, eficiencia, modernización e innovación das cooperativas agroalimentarias e os seus produtos, 3. Seguimento e coñecemento do cooperativismo agroalimentario a través do Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario Español (OSCAE). Estas actuacións son financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través do citado Real Decreto.
Aquelas cooperativas que teñan interese en participar neste Programa poden solicitar máis información a: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias-AGACA r/Tomiño 22-Entresollado -15703- Santiago de Compostela agaca@agaca.coop Tl: 981 584 783 |




