• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Destacadas

A inscrición para o curso online de incorporación á empresa agraria en vacún de leite está aberto

Esta acción formativa está enmarcada no programa EFESO e cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus a través de CEPES.

26 de Decembro de 2025
en Destacadas, Novidades
A inscrición para o curso online de incorporación á empresa agraria en vacún de leite está aberto
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) pon en marcha un novo curso en liña de Incorporación á empresa agraria. Vacún de leite, que dará comezo nos últimos días do mes de xaneiro e se desenvolverá na plataforma de teleformación de AGACA.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través do Formulario de inscrición

Esta acción formativa está dirixida a persoas que desexan incorporarse á actividade agraria no sector lácteo e ofrece un itinerario completo de 250 horas lectivas, orientado a dotar o alumnado dos coñecementos técnicos, económicos e de xestión necesarios para iniciar e consolidar unha explotación de vacún de leite.

As sesións impartiranse na modalidade de teleformación a través da plataforma de AGACA e cada un dos módulos contará, ademais, con catro horas presenciais que se desenvolverán en O Rodo, S. Coop. Galega, en Rodeiro (Pontevedra).

Programa

O programa do curso aborda de maneira integral os principais ámbitos que interveñen na xestión dunha empresa agraria.

Módulo 1.– A EMPRESA AGRARIA (30 horas)
Módulo 2.– XESTIÓN TÉCNICO-ECONÓMICA DA EMPRESA AGRARIA (30 horas)
Módulo 3.– ASOCIACIONISMO, COMERCIALIZACIÓN E TRAZABILIDADE (30 horas)
Módulo 4.– RELACIÓNS LABORAIS E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (30 horas)
Módulo 5.– SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL (30 horas)
Módulo 6.– AGROTECNOLOXÍA (30 horas)
Módulo 7.– PRODUCIÓN DE FORRAXES E ALIMENTACIÓN DO GANDO (40 horas)
Módulo 8.– PRODUCIÓN DE LEITE E MANEXO DO GANDO (30 horas)

O curso enmárcase no Plan de apoio ao fortalecemento e consolidación das cooperativas agroalimentarias galegas 2025-2027, unha iniciativa estratéxica impulsada por AGACA cunha duración de tres anos, orientada a mellorar a competitividade, a sostibilidade e a resiliencia das cooperativas socias e das súas explotacións. Este plan combina a elaboración de plans de empresa, a formación cualificada das persoas socias e a asistencia técnica especializada para implantar melloras na xestión e nos sistemas produtivos.

No ámbito formativo, o plan prevé un itinerario específico de incorporación á empresa agraria en vacún de leite, homologado pola Consellería do Medio Rural, que permite obter unha cualificación oficial e dá resposta a retos clave do sector como o relevo xeracional, a profesionalización da actividade, a mellora da rendibilidade das explotacións e a adaptación ás novas esixencias en materia de sostibilidade, benestar animal e boas prácticas de manexo.

Financiamento

O proxecto enmárcase dentro do programa EFESO (Estratexia de Fomento do Emprego e da Sostibilidade na Economía Social) e está cofinanciado con 360.335,34 euros polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de organismo intermedio. As actuacións desenvolveranse entre xaneiro de 2025 e decembro de 2027, coa finalidade de apoiar o crecemento, o fortalecemento e a consolidación das cooperativas agroalimentarias galegas socias que desexen afrontar o reto de implantar melloras na xestión e nos sistemas de produción.

Etiquetas: CEPES.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.