Cooperativas galegas achéganse ao comercio internacional nun webinar de AGROSMARTglobal

Agaca
Por Agaca Setembro 17, 2021 16:29
  • O proxecto europeo AGROSMARTglobal celebrou o 13 de setembro unha xornada online acerca de plataformas de e-commerce para os mercados chinés e estadounidense.

Cooperativas e pemes galegas participantes no proxecto AGROSMARTglobal (que lidera AGACA e desenvolven 10 organizacións socias de España, Francia e Portugal) participaron o 13 de setembro nun webinar sobre as plataformas de comercio electrónico onde se ofrecerán os seus produtos a potenciais clientes de China e Estados Unidos, países cos que o proxecto busca estreitar relacións empresariais.
Trátase de plataformas B2B (business to business: de empresa a empresa) con grande implantación no comercio electrónico dos países obxectivo do proxecto: Alibaba.com e RANGE.me nos Estados Unidos, e ImportFood.net e Putaojiu.com para China.
AMVOS Digital, entidade socia de AGROSMARTglobal, organizou o webinar e explicou, ademais, algunhas estratexias, enfocadas á obtención e tratamento de leads, é dicir, potenciais clientes para os produtos ou servizos das cooperativas ou aliados comerciais.
Actualmente, 67 cooperativas e pemes de España, Francia e Portugal participan no proxecto, o cal traballa coas entidades para desenvolver estratexias coas que posicionarse no comercio electrónico e ofrece un servizo de consultoría personalizada que comezou en verán, un programa de formación e outros recursos sobre internacionalización dixital que poden consultarse na páxina web
: www.agrosmartglobal.eu.

Outros dos obxectivos de AGROSMARTglobal son pontenciar a calidade e diferenciación dos produtos de cooperativas agroalimentarias e definir medidas para protexer e promover as Indicacións Xeográficas Protexidas e as Denominacións de Orixe na Internet.

Partenariado do proyecto AGROSMARTglobal

AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes del Sudoeste europeo. Conta cun presuposto total de 1.598.000,00 € e está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca o proxecto son: en España: Galicia, Castela-A Mancha, País Vasco e A Rioxa; en Francia: Nova Aquitania e, en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.

Ata o 30 de setembro de 2022, dez entidades beneficiarias de dez rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialidades. O consorcio internacional está conformado por, dende España: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias-AGACA (encargada de liderar o proxecto), Cooperativas Agro¬alimentarias Castilla- La Mancha, Confederación de Cooperativas de Euskadi-KONFEKOOP, Cámara Oficial de Comercio, Industria y Servicios de La Rioja e AMVOS Digital; dende Francia, por: Association des Régions Européennes des Produits d’Origine-AREPO, La Coopération Agricole Nouvelle-Aquitaine e Chambre de Commerce et d’Industrie Limoges et Haute-Vienne, e, dende Portugal, por: Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro-UTAD, e Confederação Nacional de Cooperativas Agrícolas e do Crédito Agrícola de Portugal-CONFAGRI.

17/09/2021

Agaca
Por Agaca Setembro 17, 2021 16:29
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<