- O 21 de abril terá lugar un encontro online de Xóvenes que traballan no sector agroalimentario galego, onde se explicarán temas como a PAC, os fondos Next Generation ou o programa Erasmus+ Agrario.
- Desenvolverase de 10:00 a 13:00h.
- As persoas interesadas en inscribirse poden hacerlo pinchando nesta ligazón.
O encontro celebrarase de modo online e terá formato participativo (a través de Zoom) co obxetivo de dar visibilidade a diferentes debates e iniciativas, a nivel nacional e internacional, dirixidas a apoiar a persoas mozas do medio rural, así como a presentar o cooperativismo como opción viable para satisfacer expectativas laborais e de calidade de vida.
Entre os temas que se tratarán atópanse a dixitalización das explotacións, explicacións e resolución de dúbidas acerca da reforma da Política Agraria Común (PAC) e subvencións e fondos europeos que poden ser beneficiosos para persoas mozas e emprendedoras.
O programa completo da xornada é o seguiete:
10:00 h. – Recepción e entrega de documentación.
10:15 h. – Reforma da Política Agraria Común (PAC) e adaptacións necesarias para afrontar os retos futuros.
11:15 h. – Fondos Next Generation. Que son e como poden beneficiar aos emprendedores e mocidade do rural galego.
12:15 h. – Proxecto de Erasmus+ Agrario, organización das cooperativas e participación.
12: 45 h.- Participación de Galicia na Comisión Estatal de Mocidade Cooperativa de CAE.
13:00 h. –Peche do encontro.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.