- O 24 de maio terá lugar un encontro online para mozos e mozas que trabajan no sector agroalimentario galego que se centrará na Incorporación á actividade agroganadera.
- Desenvolverase de 11:00 a 14:00h.
- As persoas interesadas poden inscribirse facendo click nesta ligazón.
O encontro celebrarase de modo online e terá formato participativo (a través de Zoom) co obxectivo de ofrecer ás persoas mozas que participen o coñecemento en primeira persoa dos principais aspectos a ter en conta ao iniciárense na actividade agrogandeira.
Tratarase de achegar propostas, suxestións, estratexias e aspectos clave na posta en marcha da actividade, para abrir as expectativas da mocidade á realidade da actividade na empresa agrogandeira e o cooperativismo agroalimentario.
O programa completo da xornada é o seguinte:
11:00 h. — Presentación encontro.
11:15 h. — Presentación da Convocatoira do Programa CULTIVA 2022 “Programa de Estancias Formativas de jovenes profesionales de la agricultura y la ganaderia en explotaciones modelo”.
D. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
12:30 h. — Programa de Axudas Proxectos de inversión dentro do “Plan de impulso da sostibilidade e competitividade da agricultura e a gandería no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”.
D. Carlos Ares Fernández. Técnico de AGACA.
14:00h. — Peche do encontro.
[button link=”https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZYod-yvqD4uGdGF803Sdz_24uy90BkvVvyf” icon=” ” target=”blank” color=”0000ff” textcolor=”ffffff”]Inscríbete[/button]
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade.