• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Como reducir as pegadas de carbono e hídricas nas explotacións leiteiras

Principais conclusións do proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún de leite mediante asesoramento para a redución de Pegada de carbono (HC) e Pegada hídrica (HH)” que nace co obxectivo de coñecer as emisións de GEI e o consumo de auga de explotacións lácteas.

3 de Novembro de 2022
in Blog
Como reducir as pegadas de carbono e hídricas nas explotacións leiteiras
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún de leite mediante asesoramento para a redución de Pegada de carbono (HC) e Pegada hídrica (HH)” nace co obxectivo de coñecer as emisións de GEI e o consumo de auga de explotacións lácteas.

Para o cálculo de HC e HH emprégase unha ferramenta que vai ter en conta factores como as emisións directas dos animais, o gasto enerxético e o uso da maquinaria na explotación no proceso agronómico (cultivos de millo e herba para forraxe), a alimentación do gando, a xeración de residuos ou o transporte entre outras.

No caso da pegada hídrica tamén se teñen en conta fluxos en consumo de auga da granxa, como a alimentación do gando, augas de limpeza, etc. Ao sumar todos estes factores obtense o valor da pegada hídrica en m².

Para este estudo levouse a cabo a Análise de Ciclo de Vida (ACV) dun produto (regulado pola norma ISO 14040), neste caso, do leite de vaca. Esta metodoloxía determina, de maneira obxectiva e avalía os impactos ambientais que un produto ou servizo pode ter sobre o medio ambiente durante todas as etapas da súa vida.

Un elemento fundamental en calquera estudo de ACV é a unidade funcional (UF), unha base de cálculo á que deben referirse todas as entradas e saídas do sistema e que se utiliza como unidade de referencia sobre a que presentar os resultados ambientais. Neste estudo, a unidade funcional utilizada é “1L de leite cru almacenado no tanque de frío”.

O sistema de avaliación

Estudáronse 100 granxas de vacún de leite de tamaño variable, cunha media de 88 vacas en fase produtiva. A máis pequena ten 28 vacas con 331.820 litros de leite producido no ano de referencia e a máis grande, 440 vacas con 5.148.461 litros de produción anual. Doutra banda, algunhas das granxas tamén teñen outros animais como pitos ou porcos. Estas céntranse na produción láctea aínda que tamén producen carne unha vez que as vacas terminan a súa etapa produtiva (vacas de desvelle).

En canto ao sistema de produción, practicamente todas teñen un alto grao de automatización, con muxido automático. A alimentación das vacas baséase na compra externa de pensos ou na produción propia mediante campos de cultivo adxacentes ás explotacións gandeiras nos que, ademais da aplicación de adobos minerais, tamén se utilizan como adobo orgánico as propias dexeccións dos animais (xurro), correctamente almacenadas en fosas ou balsas.

En primeiro lugar, mediante unha análise preliminar do impacto medio do total das explotacións gandeiras para a produción de 1 litro de leite, obtivéronse uns resultados medios de 1,15 Kg de CO2 equivalente e 1,036 m3 para a pegada de carbono e hídrica, respectivamente. Á súa vez, unha vez divididas en tres subgrupos segundo tamaño de produción (menos de 600.000 l, entre 600.000 l-1.500.000 l e máis de 1.500.000 l), obtivéronse os seguintes valores de pegada de carbono e de auga: 1,201; 1,154 e 1,074 kg de CO2 equivalente, e 1,077; 1,062 e 0,917 m3, para as granxas pequenas, granxas medianas e granxas grandes, respectivamente. En vista dos resultados, obsérvase que as granxas de maior tamaño teñen pegadas inferiores, isto pódese deber a que aproveitan mellor os recursos para obter maior produción de leite.

Obsérvase que as granxas de maior tamaño teñen pegadas inferiores, isto pódese deber a que aproveitan mellor os recursos para obter maior produción de leite.

A continuación, móstrase un estudo individualizado de cada explotación. No gráfico 1 “Pegada de carbono de 100 granxas socias das cooperativas AIRA e CLUN”,  que se mostra a continuación, represéntase o valor da HC de cada unha das granxas e pódese observar que a maioría delas sitúanse en valores entre 1-1,15 kg de CO2 equivalente para cada litro de leite, sendo as granxas 51, 52 e 73 as que contan con pegadas superiores ao resto, sendo a pegada de 1,708 para a granxa 51; 1,944 para a 52 e 2,054 para a 73. Con todo, as granxas 12, 13 e 40 son as que teñen a pegada de carbono máis baixa, sendo esta de  0,871 para a 12; 0,773 para a 13 e 0,879 para a 40.

No  caso da HH, as granxas con valores superiores ao resto serían a 8, a 16 e a 66, con cifras de 1,837 para a 8; 3,027 para a 16, e 1,989 para a 66. Doutra banda, as explotacións 28, 36 e 91 son as que teñen a pegada hídrica máis baixa sendo esta de 0,568 para a 28; 0,390 para a 36,  e 0,472 para a 91.

Os indicadores que máis contribúen na HC E HH son o manexo do chan e a fertilización mineral, a alimentación dos animais,  a fermentación entérica e ao manexo das dexeccións.

Os indicadores que máis contribúen na HC E HH son o manexo do chan e a fertilización mineral, a alimentación dos animais,  a fermentación entérica e ao manexo das dexeccións.

Por: María Rey Campos; Javier Martínez Caamaño; Francisco López Calvo, Departamento Calidade e Innovación Alimentaria de AGACA

 

 

Tags: CEPES.SostibilidadeVacún.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}