• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Cinco xóvenes fan prácticas co programa «Apoio á función xerencial» organizado por AGACA

AGACA promove esta actividade entre xóvenes en situación de desemprego con titulacións de grao medio e superior. As persoas aspirantes deben enviar o currículo e superar unha entrevista persoal, o que lles abrirá as portas a traballar ao carón da dirección nas cooperativas ao longo de seis meses percibindo unha bolsa económica.

3 de Abril de 2023
en Blog, Destacadas
Cinco xóvenes fan prácticas co programa «Apoio á función xerencial» organizado por AGACA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Iris López, Marisol Ares, Adán Rivera, Tamara Pérez e Zoe Cantero son os mozos  e mozas  que  a día de  hoxe  están  desenvolvendo as súas prácticas nas  cooperativas Viña  Costeira,  Aira, O  Rodo, A  Carqueixa e Bodegas Eidosela, como participantes deste  programa que  xa vai pola terceira edición. Aínda   que   levan   pouco tempo traballando imos coñecelas mellor:

Iris López Sánchez, técnica de apoio en Viña Costeira.

Grao en Administración e Dirección de Empresas. Máster en Control de Xestión.

«Estou moi agradecida por esta oportunidade de coñecer de  preto o día a día dunha cooperativa en plena  expansión»

Aínda   que   a  súa  experiencia laboral  comeza no ano  2016, é a primeira vez que  Iris se achega profesionalmente a  unha cooperativa. A  coñe- cida adega vitivinícola asentada preto  de  Ribadavia (Ourense), Viña  Costeira,  é a entidade na que  está  a  desenvolver as súas prácticas ata  o mes de xuño, data prevista  de finalización.

Os avós de Iris eran socios da cooperativa agraria da  súa comarca, explica Iris, quen tras levar algo máis de mes e medio en Viña Costeira  recoñece que,  a  pesar  de  ter  as  súas  peculiaridades ao «sumar á ecuación aos socios», hai moitas  seme- llanzas, no xeito de traballar, coas  multinacionais nas que  estivo con  anterioridade.

A parte  fácil  da  súa estancia formativa é «formar parte  dun  equipo atento e próximo», indica, mentres  recoñece: «Talvez, a  parte  máis  complicada fose  adaptarme ás distintas  funcións que poden ter os socios dentro da cooperativa».

Aínda  que  de  momento a  experiencia é breve, esta  profesional está  agradecida por  esta  «oportunidade de coñecer de preto  o día a día dunha cooperativa  en   plena  expansión»   e   destaca as  bondades de  traballar  nunha  cooperativa: «Están implícitos uns valores  de  apoio, equidade e responsabilidade que  considero fundamentais para o desenvolvemento da comunidade».


Marisol Ares Tubío, técnica de apoio en Aira

Grao en Administración e Dirección de Empresas. Técnica Superior en Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias.

«O cooperativismo paréceme o mellor modelo empresarial para  acadar unha sociedade xusta e sostible»

Marisol  Ares leva  dende principios de  xaneiro colaborando na  cooperativa de  subministración de pensos Aira, principalmente co departamento de contabilidade. Con anterioridade traballou en diversas empresas agrarias, sobre todo  en postos de contacto co cliente, en pedidos ou loxística.

Ares recoñece que, a pesar de non ter traballado nunca  antes   nunha  cooperativa, aptececíalle: «Grazas aos seus principios e valores distintivos, paréceme o mellor  modelo empresarial para acadar unha sociedade xusta e sostible».

Malia  levar poucos  meses en  Aira,  parécelle albiscar aspectos de xestión similares aos doutras empresas convivindo con outros máis específicos: «O feito de que  os socios poidan ser á vez propietarios, clientes e provedores xera unha relación complexa con  estes, pois  as decisións tomadas sempre  lles afectan nalgún dos seus papeis».

Preguntada pola parte  máis  doada e máis complicada da experiencia matiza: «O programa ten  dous  focos  de  actuación. Por unha parte mellorar a capacitación dos  bolseiros  cara a ocupar postos  de  xerencia, e por  outra,  ofrecer apoio á función xerencial, propoñendo e desenvolvendo un plan  de mellora nalgún aspecto. No relativo  á miña  capacitación, estou  moi  agradecida coa atención dedicada tanto polo  meu  titor como polos compañeiros e compañeiras, que  se mostraron dende o primeiro momento accesibles, colaborativos e resolutivos.  É a  parte  de  levar  a cabo un plan  de mellora a que  me parece máis complexa, pois estamos falando dunha empresa que  conta cunha dimensión considerable, e que na actualidade xa está moi organizada e preparada, polo  que  os posibles  aspectos a  mellorar son puntos  moi   concretos,  que   se  presentan cunha certa complexidade, o  que  significa un reto para min».

Marisol está convencida do seu desexo  de continuar traballando no eido cooperativo: «Considero o modelo cooperativo o máis  desexable, tamén dende o punto de vista de xerador de emprego. Os seus valores  de autoaxuda, democracia, e solidariedade, entre  outros, fan  das  cooperativas empresas especialmente comprometidas  e con criterios de responsabilidade  social».


Adán Rivera Maldonado, técnico de apoio en O Rodo

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Mediador Civil, Mercantil, Familiar, Laboral e Deportivo

«Dende que coñecín a iniciativa quixen participar nela»

O caso  de O Rodo, cooperativa especializada en prestación de servizos de maquinaria agrícola, é lixeiramente distinto  ao  das  outras  cooperativas, xa que  non  conta coa figura  dun  xerente  como tal, por  iso Adán Rivera exerce  as súas funcións apoiado moi  directamente polo  Consello Reitor da  cooperativa. Entre as actividades que  está  a desenvolver figuran  a  compilación de  información  para a elaboración do Plan Estratéxico, a elaboración de  diversas  Memorias como as de Responsabilidade Social, Actividade ou Económica, xestións económicas e financeiras, análise de subvencións etc.

Aínda  que  Adán non  contaba con  experiencia laboral previa,  a  súa  participación en  proxectos diversos evidencia unha preferencia pola fórmula da Economía Social. «Participar nesta iniciativa foi unha verdadeira ilusión. Nunca traballara nunha cooperativa pero  sempre   foi  o  meu  obxectivo», indica tras especificar que  leva tempo investigando en relación coa economía social.

A diferenza doutras empresas que,  en  ocasións, «empregan ferramentas como  as  memorias de Responsabilidade Social  Empresarial, iniciativas sociais  e  medioambientais… co  fin  de  mellorar a súa imaxe  corporativa pero  sen ter un interese efectivo  en   levalas   a   cabo»,   as  cooperativas si poden  demostrar os  principios sobre  os  que se asentan, indica este  recén   graduado que rematou os estudos  no pasado mes de maio.

Adán xa intentara participar nesta  actividade na anterior edición, pero  como aínda non  rematara os estudos, non fora posible: «Dende que coñecín a iniciativa quixen  participar nela», explica aclarando que  nestes dous  últimos  anos  estivo preparándose para «pasar  á  acción no  mundo da Economía Social».


Tamara Pérez Abreu, técnica de apoio en Bodegas Eidosela

Grao   en    Ciencia   Política   e    Administración  Pública. Máster de Xestión do Desenvolvemento  Sostible como técnico de sostibilidade

«É unha oportunidade única de poderme desenvolver profesionalmente»

É a primeira vez que Tamara traballa nunha cooperativa  e, entre  outros  aspectos, percibe diferenzas na toma de decisións e accións, que é moito máis horizontal, ademais da lexislación, composición e organización. No entanto, segundo recoñece, co apoio de todo  o equipo da  bodega estalle  resultando doado de levar e consegue transformar cada dificultade nun reto.

«Persoalmente é unha oportunidade única: poder desenvolverme de  forma  profesional nun ámbito como o  vitivinícola, que  dende sempre me  fascinou, resulta  moi  enriquecedor. Ademais, poder levar  á  práctica coñecementos en  sostibilidade de forma  diaria e ver a súa repercusión é gratificante. De forma  profesional creo que  se abriu  unha nova etapa que  afronto con moita gana e  espero  sexa  o  inicio  de  algo moi  bo», expresa  Tamara.

Esta profesional amósase a gusto  traballando no ámbito cooperativo porque considera que  «unha cooperativa non  é só unha empresa senón  que supón   un  valor  engadido para a  unha sociedade»  e destaca os valores  nos  que  se asenta o cooperativismo: a participación dos socios, equidade, solidariedade e democracia.

Tamara opta por  sinalar  que  a natureza cooperativista  aínda é unha descoñecida para a sociedade e lamenta que, por falta  de información, se recorra a sociedades limitadas ou outras fórmulas antes que  á cooperativa.


Zoe Cantero Prieto, técnica de apoio en A Carqueixa.

Grao en Administración de Empresas

«Iniciativas  como  esta son unha oportunidade para  que as persoas graduadas non teñan que marchar da súa terra»

É  a  primeira  vez  que   esta  graduada  en  ADE traballa no  ámbito cooperativo. Ata  o de  agora, as súas referencias profesionais abarcan o sector da  hostalería e o comercio. Acaba de  empezar o   seu   período  de   prácticas  (levaba   menos dunha semana cando fixemos esta entrevista) e, aínda que  é algo precipitado facer  un balance, xa detectou diferenzas  con  relación a outras empresas: «Aínda que  non  podo falar  doutras cooperativas, nesta atopei un ambiente moi familiar, distinto  a calquera das  outras  empresas nas que  traballei».

Para Zoe, a maior  dificultade que  observa é que «hai que  estar  preparada para todo, cada  día poden xurdir diferentes dificultades»; pola contra, indica: «A parte  máis  doada son as relacións persoais  pois todo  o mundo tenta axudarme e facilitarme calquera cuestión».

A pesar  do  pouco tempo que  leva  na  cooperativa gandeira A  Carqueixa, formada  por  200 cooperativistas con  gando vacún en extensivo maioritariamente   da    montaña   lucense,  esta xove destaca «a importancia da  existencia de iniciativas como esta, que  dan  oportunidades a persoas  graduadas sen ter que  marchar da  súa terra, e axudan a organizacións cooperativistas que  precisan dun  apoio, para  desenvolver e promover a súa  actividade, polo  que  ambas as partes  vense moi beneficiadas».

Zoe  confesa sentirse  encantada de  poder traballar nun  proxecto que   dignifica o  traballo dos  gandeiros a  través  dunha produción lóxica «na que  menos  é máis» e onde «o benestar dos animais e  do  entorno importa, promovendo un rural vivo e montes libres de incendios».

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo